Charla informativa
A Xanela. Asociación de Discapacitados Activos, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de prestar un conxunto de atencións a persoas con diversidade funcional e/ou persoas maiores.
O seu local atópase en As Pontes, onde imparten información e asesoramento, servizo de rehabilitación, respiro familiar, actividades complementarias, actividades de ocio e tempo libre, servizo de transporte adaptado, etc…
Virán a Cabreiros (Xermade) o próximo venres días 12 de abril, ás 16.30 horas, a dar a coñecer o seu traballo e os programas ofertados para a poboación do entorno.
Máis información da asociación:
-https://axanela.gal/
-981 45 24 16 / 607 23 02 49