Charla en Cabreiros
🗣️ 𝙈𝙤𝙙𝙖 𝙘𝙤𝙣 𝙘𝙤𝙣𝙘𝙞𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖: 𝘾𝙤𝙢𝙤 𝘾á𝙧𝙞𝙩𝙖𝙨 𝙩𝙧𝙖𝙣𝙨𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙫𝙞𝙙𝙖𝙨 𝙚 𝙥𝙧𝙤𝙩𝙚𝙭𝙚 𝙤 𝙢𝙚𝙙𝙞𝙤 𝙖𝙢𝙗𝙞𝙚𝙣𝙩𝙚
Actividade que sensibiliza sobre o impacto ambiental da industria téxtil e como podemos contribuír a un consumo máis responsable. Que se abordará na charla?:
✅ O impacto ambiental e social da moda actual.
✅ A reutilización e a reciclaxe téxtil como solución sostible.
✅ O traballo de Cáritas na transformación social a través da moda.
✅ Como as persoas poden sumarse ao cambio no seu día a día.