Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2025
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE XERMADE convoca a fase local do CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2025, de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación:
“Ler con coñecemento”
Hai novelas, cómics, mangas, libros de poesía, álbums… e hasi outros libros que nos informan sobre como voa un avión ou que acontece dentro dun volcán.
Ás veces os libros serven para mergullarnos nunha historia e outras para coñecer e aprender moitas cousas que non sabemos. De que tema che gustaría atopar libros? Que libros deste tipo coñeces ou chamaron a túa atención? Conta, conta…
b) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación:
“Ler con coñecemento”
Hai novelas, cómics, mangas, libros de poesía, álbums… e hasi outros libros que nos informan sobre como voa un avión ou que acontece dentro dun volcán.
Ás veces os libros serven para mergullarnos nunha historia e outras para coñecer e aprender moitas cousas que non sabemos. De que tema che gustaría atopar libros? Que libros deste tipo coñeces ou chamaron a túa atención? Conta, conta…
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL
5. O xurado estará presidido por dona Nélida Coira Pena, concelleira delegada de Benestar social, Igualdade e Participación cidadá do Concello de Xermade; actuarán como vogais don José Carlos Pérez López, mestre de plástica do CEIP de Xermade; dona Uxía Lamas Paz, mestra de infantil do CEIP de Xermade, e dona Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade; actuará como secretario don Marcos Saavedra Blanco, auxiliar de biblioteca do Concello de Xermade.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
7.- Os premios consistirán nun diploma acreditativo e un lote de libros por valor de 30€.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases