CAZÁS (San Xulián)
Con estes barrios ou entidades singulares de poboación: O Aruxo, O Barreiro, O Campo, O Capeirón, A Carballosa, Os Carpizos, A Casanova do Campo, A Casavella, O Castelo, A Castiñeira, O Castro da Igrexa, Covillón, Escoriscada, Fonteboa, A Fraga, Freán, A Golpilleira, Landoi, O Lugar Vello, Marmoiral, Mede, Mediafariña, O Pazo, A Pedra do Val, Pedras Pardas, As Pedreiras, A Pena, A Pena de Arca, Pepín, Preanes, O Rego do Corzo, O Rego do Sapo, Rosende, As Rozas Vedras, San Xurxo, O Seixo, O Seo e A Silvela.
Arquitectura Relixiosa
Igrexa Parroquial de San Xulián. Construída no s. XVIII e reformada en 1.930 e 1.970. Ten planta rectangular; o chan e o teito son totalmete modernos. A fachada principal ten un arco semicircular e sobre el unha fiestra co mesmo tipo de arco. O presbiterio ten un retablo da segunda metade do s. XVIII de estilo barroco en tonos vermellos e azuis e molduras douradas. No retablo aparecen as imaxes da Virxe do Carme cunha carmelita e unha monxa carmelita axeonllada ós pés (s. XVIII); San Xulián (titular) cun fusil na man dereita e un paxaro na esquerda (pintado ó óleo) e a Dolorosa cuha espada cravada; a Inmaculada, San Roque e Santa Ana sentada cun libro na man (s.XVII). O retablo está coroado polo Pai Eterno. Á entrada da sacristía hai unha pila con auga bendita. Cruz procesional do s. XVII en prata con imaxes de Cristo e San Xoán Bautista.
Capela da Divina Pastora. Pequeno santuario situado en O Seo. Foi totalmente reconstruída a finais de século; formada por unha nave cuberta a dúas augas e sacristía detrás. Ten un pequeño pórtico a tres augas sobre catro pilastras de canteiría. No presbiterio aparecen as imaxes de San Xoán Bautista, San Roque, San Rosendo e Divina Pastora; e na sacristía un Cristo, San Xoán Bautista e Divina Pastora. Á entrada da sacristía hai unha pila con auga bendita. A carón de dita capela hai un cruceiro.
Megalitismos
Medoñas de Capeirón, Cordal (Casanova ), Silvela, Chousa das Uces (Mede), Mediafariña, Rego do Sapo (Sanxurxo), Chairas (Pigaroa) e Dolmen de Capeirón.
Cruceiros
Cruceiro do Castro, da Pena, do Campo, da Pena de Arca, de Cubillón, da Carballosa, do Aruxo, de Casavella, de Penas do Campo e de Vilar Cativo.