XI Xornadas Interxeracionais Rurais “Aprendendo cos nosos maiores”
/in Xermade /by Concello de XermadeDesde a Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Universidade de Santiago e o Concello de Xermade temos o pracer de presentar as XI Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores. Que se celebrarán os días 30 de maio, 6 e 13 de xuño de 2015, no local da Asociación de veciñas/os de Cabreiros.
Xornadas dirixidas a toda a cidadanía e na que convidamos a participar a todas as persoas que o desexen tanto do concello de Xermade coma de calquera punto do mundo.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con calquera das persoas da organización,
José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación de Veciños/as de Cabreiros: 619547072
Xesús Rodríguez Rodríguez (Universidade de Santiago): susodecabreiros@gmail.com
Manuela Vilaboy Romero (pedagoga-educadora familiar concello de Xermade): 982501001-678744178.
Certame de narración e debuxo infantil “Letras Galegas 2015”
/in Xermade /by Concello de XermadeCERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL
“Letras Galegas 2015”
-Convocatoria Local-
A Biblioteca Pública Municipal de Xermade convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras galegas 2015”, de acordo coas seguintes bases:
- Poden participar tódolos nenos/-as con:
- Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: DA CIENCIA Á FICCIÓN: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc…
- Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación: DA CIENCIA Á FICCIÓN: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc…
- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio.
- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada por Biblioteca Nodal de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.