Rehabilitación da antiga escola de Ladrela

O Concello de Xermade vén de solicitar o acceso ao ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG n.º 182 do 23/09/2016) para o financiamento da rehabilitación da escola de Ladrela, segundo a memoria descritiva asinada pola técnica de urbanismo, medio ambiente e obras o 31/10/2023, por importe de 57.250,42 euros, cun prazo de reposición de oito (8) anos, a razón de 7.908,02 euros por ano.

A rehabilitación permitirá reforzar a estrutura e dotar ao inmoble de dúas novas estancias destinadas a baño e un espazo de cociña e almacenaxe.
Memoria valorada OCT. 2023

Charla COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO

Os días 23, 24 e 27 de novembro volve o autobús do servicio gratuíto COIDADOS PORTA A PORTA ó Concello de Xermade.

Os profesionais do Servizo de Audioloxía levarán unha charla informativa á Biblioteca Municipal de Xermade.

25 N en Xermade

Curso PRIMEIROS AUXILIOS E RCP

Inscrición online tamén dispoñible aquí: https://onx.la/19f83

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación

A Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal:
1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria antes do 31/12/2023 a fin de incluir tres prazas que se atopan vacantes na Relación de Postos de Traballo en vigor: Informe-proposta da Plan de ordenación de RR.HH.
2º. Aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2024-2026, que trae como novidade un aumento significativo do importe das axudas a asociacións para o fomento de actividades culturais e deportivas de interese municipal: ANUNCIO APROBACIÓN PLAN EXTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2024-2026
3º. Aprobación do orzamento do exercicio 2024 e documentación anexa: MEMORIA DA ALCALDÍA
Por outra banda, douse conta do Plan anual de contratación aprobado pola Alcaldía, así como do Período Medio de Pago correspondente ao 3º trimestre deste ano, que é de 9,44 días.
O Pleno acordou conceder dúas bonificacións do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras a SAT AS CAVADAS, por dúas obras relacionadas coa explotación gandeira da que é titular en As Cavadas e Aboelle.

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Catro foodtrucks traerán o sabor das rías galegas e produtos galegos ó Concello de Xermade, onde a veciñanza poderá degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Curso AUTONOMÍA E MANTEMENTO DAS ACTIVIDADES DIARIAS

Inscrición online tamén dispoñible aquí: https://acortar.link/xnFMnL

Curso de Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas

Os próximos venres 17 e 24 de novembro, na Biblioteca Municipal de Xermade, terá lugar un curso de “Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas” monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Este curso forma parte das actividades programadas de cara ao 25N polo Concello de Xermade. A participación é libre e gratuíta.

Inscricións: por whatsapp no 678 74 41 78 (Educadora familiar)

Programa de compostaxe doméstica

O Concello de Xermade continúa coas medidas de implantación do programa de compostaxe doméstica iniciado no 2019 coa solicitude de 25 composteiros a SOGAMA para iniciar a compostaxe in situ.
No 2020 solicitouse unha subvención conxuntamente co Guitiriz para compostaxe doméstica e para o CEIP Xermade.
Ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (código de procedemento MT975P), publicada no DOG n.º 112 o 14 de xuño de 2023, solicitouse a adquisición de 103 composteiros domésticos, que serán repartidos entre a veciñanza que o solicite voluntariamente, a fin de cumprir o compromiso de implantar a compostaxe doméstica do 100% dos biorresiduos xerados antes do 30 de decembro de 2025.

Recepción dunha miniexcavadora para o Concello de Xermade

O pasado martes 31 de outubro o alcalde, Roberto García Pernas, e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto Barro, recibiron o vehículo destinado ao servizo de medio ambiente e obras do Concello de Xermade, unha retroexcavadora modelo SUWARD SWE35UF servida pola empresa asturiana Transfaya SL. O custe do vehículo ascende a 58.685,00 euros.

O Concello de Xermade precisa dun vehículo destas características para a protección do medio ambiente e do espazo natural. O acondicionamento e conservación dos camiños rurais e pistas forestais lévase a cabo con maquinaria e a mini retroexcavadora é necesaria para realizar pequenos movementos de terras e gabias que permitan a canalización de augas pluviais.

O vehículo é financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, liña de concorrencia non competitiva, anualidade 2023, por importe de 30.133,49 euros. O Concello de Xermade achega 28.551,51 euros.