Listado admisión no Campamento de Verán 2017
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeAdxuntamos persoas admitidas no campamento de verán infantil 2017. Actividade subvencionada polo Fondo Social Europeo, pola Xunta de Galicia. Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade e o concello de Xermade.
O programa de Conciliación “Xermade concilia” solicítase á Secretaría Xeral da Igualdade a través da Resolución do 16 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (SI435B, SI435A, SI427B
Listado Campamento Infantil deVerán 2017
X CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeUn ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.
O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.
Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.
O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.
As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.
Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.
Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde
Inscrición Campamento 2017 ANEXO I
II Pedalada Solidaria de Xermade
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSAÍDA- 10 H. NA PRAZA DO CONCELLO
PERCORRIDO: XERMADE-CHARCA DO ALLIGAL
18 KM. TOTAIS. RITMO TRANQUILO E CON PARADAS PARA REAGRUPAR OS PEQUENOS
INSCRICIÓNS:
TELF. 982 510 001
Inscrición gratuíta podendo facer unha aportación na urna solidaria que terá a cruz vermella.
Os máis pequenos poden disfrutar tamén dunha xincana polos arredores do edificio do Concello.
XIII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. Aprendendo cos nosos maiores
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeO sábado, 27 de maio, comezamos na Casa-Escola de Cabreiros as XIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores. Esta actividade está organizada polo Concello de Xermade, Asociación veciñal de Cabreiros e Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre outras entidades colaboran con este proxecto o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Nova Escola Galega (NEG) e a Rede de investigación en Educación e Formación para Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento.
As Xornadas están financiadas polo concello de Xermade e a Exma. Deputación de Lugo.
Este ano daremos continuidade ás mesas de experiencias agrogandeiras; falaremos das experiencias radiofónicas nas parroquias de Lousada, Roupar, Xermade, Momán e Cabreiros a través das distintas asociacións veciñais e de mulleres rurais.
Farase entrega do III Premio de Investigación “Xermade na historia” e presentarase o libro “Xermade na historia-1” onde se recollen os traballos premiados nas dúas edicións anteriores.
Na parte médica que se inclúe todos os anos, falaremos de Alerxias co doutor Francisco Javier Carballada González, Xefe do servizo de alerxia do HULA (Lugo).
A Asociación veciñal de Cabreiros fará a presentación da súa nova páxina Web, asimesmo se presentará a Web A Casa da Neveira e a Guía de Xermade e da Serra da Carba da Asociación Cultural Roteiros da Carba.
Cándido Díaz, fotógrafo, achegaranos a Memoria histórica fotográfica da parroquia de Cabreiros, parte dun traballo que se espera máis extenso.
E para rematar, poderemos facer xoguetes coa Sociedade Cooperativa Miudiño e desfrutar do teatro co grupo Aturuxo de Melpómene.
A organización desexa que estas Xornadas sexan do voso interese e nos acompañedes en Cabreiros os días 27 de maio, 3 e 10 de xuño. A entrada para todas as actividades é gratuita ata encher aforo.
XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS TÉCNICAS
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeA FIGURA DO TERAPEUTA OCUPACIONAL E APOIOS TÉCNICOS PARA A MELLORA DA VIDA DIARIA NO COIDADO E AUTONOMÍA DAS PERSOAS
O MARTES 21 DE FEBREIRO ás 19:00 h. na Biblioteca do Concello terá lugar una charla centrada na figura do Terapeuta Ocupacional como profesional sociosanitario e na súa contribución á calidade de vida das persoas nas súas áreas de desempeño funcional.
O taller será concibido como un lugar de co-aprendizaxe na que os contidos abordados se adaptarán ás propias experiencias e expectativas dos participantes.
A profesional incidirá no coñecemento de apoios técnicos para o coidado e a promoción da autonomía das persoas, e en como adaptar obxectos cotiás ás necesidades do coidado.
A actividade está aberta a toda a poboación interesada, previa comunicación da súa asistencia no teléfono 982.501.001 ou na Casa do Concello de Xermade.
Para máis información contactar coa Traballadora Social do Concello (Nuria)
Organizado por: Grupo de Coidadores do Concello de Xerrnade
Impartido por: Helena Traveso Rodríguez, Terapeuta Ocupacional, Clínica Sinergia (Lugo)
Colaboración: Personas WIP. Establecemento material sanitario (Lugo)