O concello de Xermade pon en marcha un ano máis o campamento de verán para facilitar o acceso das nenas e nenos de Xermade a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.
O campamento realizarase desde o luns 30 de xullo ata o venres 17 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 horas e con horario de “madrugadoras” desde as 8:00 da mañá, se existe un número de familias que o soliciten. Os días das saídas o horario verase incrementado ata as 7:30 da tarde, aproximadamente.
As inscripcións faranse no REXISTRO do concello (planta baixa), por estricto orde de inscrición. O número de prazas é de 50.
No caso de que haiba máis solicitudes que prazas, farase baremación:
- Terán preferencia as nenas e nenos empadroados no concello de Xermade ou que asistan ao CEIP de Xermade
- A continuación terán acceso aquelas nenas e nenos que as súas nais/pais/titores teñen algunha relación laboral con Xermade.
- Por último, as nenas e nenos inscritos por orde de rexistro no concello.
O prazo de solicitudes será desde o día 02 ao 13 de xullo. Non se recollerán inscripcións posteriores.
A empresa que levará a cabo o campamento será: ITA ANIMACIÓN.
Campemento subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.
Esta actividade forma parte de Xermade concilia, que inclúe os campamentos de entroido, verán e nadal 2018.
Bases definitivas Campamento verán nadal 2018-1
ANEXO I CAMPAMENTO VERÁN 2018
LISTADO CAMPAMENTO VERAN 2018