Premios “Entroido na casa” 2021
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarTendo en conta as “Bases Reguladoras do concurso “Entroido na casa” Xermade 2021” aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 13/01/2021, o xurado concede os premios como se describe a continuación:
No Facebook do Concello de Xermade poden verse fotos e vídeos dos disfraces gañadores.
A Xunta de Goberno Local aproba a solicitude de participación no Plan Único 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse hoxe en sesión ordinaria na que, entre outros asuntos, acordou solicitar a participación no Plan Único 2021 da Deputación de Lugo. O importe asignado a Xermade é de 309.748,20 euros, dos cales se destinan a investimentos 222.766,58 euros.
Os programas solicitados son os seguintes:
-
-
INVESTIMENTOS
-
INVESTIMENTO |
CUSTO OBRA |
ACHEGA DEPUTACIÓN |
ACHEGA CONCELLO |
PROGRAMA DE GASTO (4 DÍXITOS) |
Reparación de carreteras en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, Liñares, Mede e Seixido |
80.965,64€ |
80.965,64€ |
0,00€ |
4530 |
Reparación de carreteras en Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, Roupar, A Graña, A Pía, etc. |
105.382,00€ |
90.056,80€ |
15.325,20€ |
4530 |
Mellora de beirarrúas de Roupar. Fase II |
25.270,35€ |
25.270,35€ |
0,00€ |
4530 |
Subministración de ventás, porta e baño portátil para a escola de Ladrela |
11.185,80€ |
11.185,80€ |
0,00€ |
3330 |
Subministración de luminarias para o servizo de alumeado |
11.890,17€ |
11.890,17€ |
0,00€ |
1650 |
TOTAL INVESTIMENTOS |
238.091,68€ |
222.766,58€ |
15.325,20€ |
-
-
PROGRAMA SAF
-
PROGRAMA SAF |
APORTACIÓN DEPUTACIÓN |
APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA) |
TOTAL SAF |
Servizo de Axuda no Fogar |
23.403,58 € |
0,00 € |
23.403,58€ |
-
-
PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
-
PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO |
APORTACIÓN DEPUTACIÓN |
APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA) |
TOTAL FOMENTO EMPREGO |
Depuemprego (obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal) |
59.578,14 € |
0,00 € |
59.578,14 € |
d. PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL
PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL (especificar as actividades a realizar e achegar memoria así como certificado de dispor de agrupación de protección civil, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos) |
APORTACIÓN DEPUTACIÓN |
APORTACIÓN CONCELLO |
Equipamento AVPC ( vestimenta, equipos de intervención e material ) |
4.000,00€ |
0,00 € |
TOTAL DESTINADO PROTECCIÓN CIVIL |
4.000,00 € |
IMPORTE PLAN : 325.073,40 €
ACHEGA DEPUTACIÓN : 309.748,20 €
A Corporación de Xermade reúnese en sesión ordinaria o xoves 11 de febreiro de 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Concello de Xermade celebrará o primeiro pleno ordinario do ano 2021 o vindeiro xoves 11 de febreiro, ás 20:00 horas. Por mor da situación sanitaria, a sesión será telemática, coa asistencia da Deputación de Lugo, a través do persoal de Novas Tecnoloxías, tal como ven acontecendo nas últimas sesións plenarias.
Entre os asuntos a tratar na sección resolutiva están dúas modificacións orzamentarias, ambas financiadas con remanente líquido de tesouraría para gastos xerais, magnitude que arroxa un importe de 614.941,63 euros, consonte á liquidación do exercicio 2020 (asunto do que se dará conta ao pleno).
Unha delas é un crédito extraordinario, para facer fronte á achega municipal derivada dun convenio interadministrativo asinado o 30/12/2020 coa Deputación de Lugo para a adquisición dun camión contraincendios. Grazas a este convenio, a Deputación achega 60.000 euros para este fin, obrigándose o Concello de Xermade a aportar 12.600 euros.
A outra modificación é un suplemento de crédito por importe de 15.325,20 euros para facer fronte á achega municipal ao programa de investimentos do Plan Único 2021, tal como esixen as bases que regulan este plan.
Tamén se leva a Pleno un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 5.127,98 euros correspondentes a unha factura do 2020 presentada pola empresa encargada das analíticas da auga de consumo humano. Esta factura obedece a unhas mostras de carácter extraordinario que o Concello de Xermade se viu obrigado a realizar a finais de decembro a requirimento de Sanidade.
Na sección de control e fiscalización, ademais de dar conta dos decretos da Alcaldía, infórmase tamén dos envíos realizados a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais, relativos ao 4º trimestre do exercicio 2020, entre os que cabe destacar o Período Medio de Pago a Proveedores, que se sitúa en 13,70 días.
Proceso selectivo para o nomeamento dun/ha arquitecto/a
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Concello de Xermade aprobou as bases para a selección dun/ha arquitecto/a interino o pasado 8 de xaneiro de 2021. O anuncio da convocatoria publicouse no BOP o 13 de xaneiro de 2021 e o 21 de xaneiro a Alcaldía aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas (non hai excluídas), nomeouse o tribunal e fixouse a data de celebración das probas.
As probas correspondentes á fase de oposición tiveron lugar o venres 29 de xaneiro de 2021.
Consulte aquí todos os documentos relacionados con este expediente:
DECRETO APROBACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS E NOMEAMENTO DO TRIBUNAL
ACTA VALORACIÓN MÉRITOS 25-01-2021
ACTA FASE OPOSICIÓN 29-01-2021
ACTA FASE OPOSICIÓN 03-02-2021
As persoas interesadas no presente expediente poden dirixirse ao tribunal para solventar as dúbidas respecto das puntuacións publicadas a través do correo electrónico secretaria@xermade.org
Entroido 2021 en Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO tradicional concurso de disfraces de Entroido que se celebra habitualmente no pavillón en Xermade, non poderá ser este ano debido á situación epidemiolóxica actual.
Desde o concello non queremos que a veciñanza se perda a celebración de Entroido, polo que, propoñemos un formato distinto de concurso.
A Biblioteca municipal de Xermade, premiada novamente co María Moliner 2020
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Ministerio de Cultura e Deporte vén de publicar a resolución definitiva da Subdirección Xeral da Promoción do Libro, a Lectura e as Letras españolas en relación co concurso de animación á lectura María Moliner na súa edición do 2020.
A Biblioteca de Xermade foi seleccionada entre os 300 mellores proxectos presentados por municipios menores de 50.000 habitantes. O proxecto presentado foi elaborado pola auxiliar de biblioteca, María González Cabarcos, e leva por título “2020: Y a pesar de las dificultades, más lectura” e acadou unha puntuación total de 61 puntos. O premio é unha achega de 2.000 euros para a adquisición de libros ou publicacións periódicas que a veciñanza de Xermade queira ler.
Este é o quinto Premio María Moliner que recibe a biblioteca xermadina, tras recibilo nas edicións dos anos 2012, 2016, 2017 e 2018.