O próximo venres 6 de setembro de 2024 terá lugar a XIX Festa das Persoas Maiores coa seguinte programación:
13:30 Misa Solemne na igrexa de Santa María de Xermade
14:30 Xantar no pavillón municipal
17:00 Baile amenizado polo Dúo Venus
As bases que han de rexer o acceso á actividade son as seguintes:
1º. Destinatarios da actividade.
As persoas destinatarias da actividade son as seguintes (empréganse os mesmos criterios de acceso ao programa de turismo do Imserso):
A) As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
1º. Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
2º. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
4º. Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
5º. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
B) Españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan algún dos requisitos incluídos no apartado 1.a).
C) Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe ou, no seu caso, por parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, ou dun/ha familiar, sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.
No caso de que haxa máis inscricións que prazas, terán preferencia as persoas empadroadas no municipio de Xermade.
O número máximo de asistentes será de 300.
2º. Prezo público.
· 15,00 € para persoas empadroadas no Concello
· 30,00 € para persoas non empadroadas no Concello
O prezo público aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 17/07/2024 publicouse no BOP n.º 177 o xoves 01/08/2024.
3º. Prazo de inscrición.
As persoas que cumpran os requisitos contemplados na base 1ª inscribiranse no Rexistro municipal, sito na Casa do Concello de Xermade, no período comprendido entre o 19 e o 30 de agosto de 2024, en horario de atención ao público (08.30 a 14.30 horas). O pagamento do prezo público farase en efectivo.
A condición de destinataria da actividade debe ser acreditada pola persoa interesada no momento da retirada do tiquet
A condición de empadroado/a será comprobada de oficio polo Concello de Xermade.
No caso de que algunha persoa inscrita non poida asistir ao evento, devolverase o prezo público só naqueles casos en que se acredite unha causa xustificada que impida a asistencia, previa solicitude da persoa interesada.