Musiqueando pola provincia de Lugo: Buxos Verdes en Xermade
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarContacontos “Médico de Familia(s)” de Pedro Brandariz.
/in Uncategorized @gl /by Concello de Xermade
Actividade do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imos ter de xeito presencial na Biblioteca de Xermade.
Será unha sesión de narración oral que leva por título: “Médico de Familia(s)”, un contacontos arredor de novos modelos familiares versionados pola visión cómica de Pedro Brandariz.
Será o 6 de agosto ás 19:00 h. na biblioteca municipal ou espazo exterior anexo á mesma, se as condicións metereolóxicas o permiten.
Route 66
/in Uncategorized @gl /by Educadora Familiar
Dous grandes músicos de Blues de prestixio mundial chegados de Cansasiti saen a escena coa intención de interpretar o seu clásico repertorio. Pero nada máis comezar desátase o caos: os micros non funcionan… os cables enléanse… as partituras caen en cascada… Un desastre! Mil e unha situacións complicadas e cheas de comicidade levarán a estes dous elementos a poder interpretar finalmente o seu peculiar concerto. Un espectáculo de clown musical, para pequenos e
maiores, que busca a risa constante e a interactuación co público, con grandes doses de improvisación
e xogo escénico, que ven amosarnos que o éxito está no fracaso, asumido con alegría e ganas de
mellorar.
The Blues Grampas é unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban (voz do “Xabarín” no programa Xabarín Club da TVG, actor en espectáculos como o musical “Galicia Canibal”, e colaborador habitual da compañia de teatro infantil Trinke-Trinke) e Carlos Sante (a famosa vella “Carmiña” en “Carmen, Gelines e D. José” do trío San&saN no programa Luar durante cinco temporadas, e actor en series como O Faro, Padre Casares, Matalobos, Serramoura, Fariña…).
Ambos conflúen dende 2004 na Asociación Manicómicos da Coruña, levando a cabo cantidade de proxectos artísticos en común, como galas, animacións de rúa, dirección de eventos, presentacións, espectáculos de variedades, e un longo etcétera. No 2015 crean o dúo cómico musical The Blues Grampas, co obxectivo de divertir a tódolos públicos cos seus excéntricos personaxes clownescos. Route 66 é o seu primeiro espectáculo, estreado no Teatro Rosalía da Coruña o 3 de xaneiro de 2016, dentro da gala XII aniversario de Manicómicos.
Adxudicadas as obras de reparación de vías do Plan Único 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou os dous proxectos de obras de reparación de vías municipais incluidas no Plan Único 2021, tras a súa licitación por procedemento aberto simplificado. O adxudicatario de ambas obras foi José Sanjurjo Construcciones SL, nas seguintes condicións:
1º. Reparación de estradas en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, Liñarón, Mede e Seixido- Plan Único 2021”
– Oferta económica: 46.859,70 euros e 9.840,54 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 56.700,24 euros (IVE engadido)
– Control de calidade externo: 2% sobre o PEM
– Ampliación de garantía de 2 anos (sobre o mínimo esixido)
2º. “Reparación de estradas en Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, Roupar, A Graña, A Pía, etc– Plan Único 2021”
– Oferta económica: 59.248,34 euros e 12.445,15 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 71.690,49 euros (IVE engadido)
– Control de calidade externo: 2% sobre o PEM
– Ampliación de garantía de 2 anos (sobre o mínimo esixido)
As baixas obtidas en ambas licitacións suman un total de 57.956,91 euros, que serán destinados a financiar outro proxecto de reparación de camiños.
Tamén foi adxudicada, mediante contrato menor de obras, a “Mellora de beirarrúas en Roupar-fase II”, en 26.661,31 euros á empresa Cholo SL. A baixa obtida (2.006,76 euros) será destinada a financiar a ampliación de beirarrúas en Roupar.
A subministración de luminarias para mellora da eficiencia enerxética, tamén financiada ao 100% con cargo ao Plan Único 2021, adxudicouse a Electricidad Moncho y Santomé SL, por importe de 11.890,17 euros.
O Concello de Xermade adxudica o Plan de Mellora de camiños 2021-2022
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 14 de xullo de 2021, en sesión ordinaria, para adxudicar diversas obras de reparación de camiños, entre as que destaca “Mellora de camiños en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo”, financiada con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader.
Tras a xustificación da baixa temeraria presentada, a mesa de contratación reunida o 1 de xullo de 2021 elevou ao órgano de contratación proposta de adxudicación en favor da empresa Cholo SL, que realizou a seguinte oferta:
– Oferta económica: 44.472,82 euros e 9.339,29 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 53.812,11 euros (IVE engadido)
– Melloras ofertas: limpeza de cunetas e marxes, con medios mecánicos ou manuais, incluíndo apilado e carga en camión de residuos xerados, e transporte a vertedoiro ou lugar designado pola dirección de obra: 3.813 metros lineais por ambas marxes
– Ampliación de garantía de 36 meses (sobre o mínimo esixido)
A obra será dirixida pola técnica de medio ambiente, urbanismo e obras municipal, e prevese o seu inicio no presente verán.
XIV Campamento de verán “XERMADE CONCILIA 2021”
/in Uncategorized @gl /by Educadora Familiar- Datas: do 26 de xullo ata o 13 de agosto (agás festivo)
- Lugar: Carballeira de Momán e nave do concello
- Dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos
- Horario:
Completo: 8.00 a 14:00 (só no caso dun mínimo de 5 solicitudes)
Reducido: 10.30 a 14:00
- Actividades: Xogos de artes, obradoiros tradicionais, pintura, música… Saídas a Cerceda, praia, e … ¡¡festa!!
- Inscrición: No concello, desde o día 28/06 ata o 9/7
- Documentación: Solicitude cuberta (Anexo I das bases). Declaración xurada(Anexo II das bases). Fotocopias: libro de familia e/ou título de familia numerosa/ – DNIs do/a neno/a, dos pais/ nais ou titoras/es e tamén das persoas autorizadas para a entrega e recollida – Tarxeta sanitaria do neno/a. – Acreditación da situación laboral dos pais/nais (activo ou desemprego).
- Máis información: Educadora familiar (Lucía) 678 744 178
*Bases: Bases Campamento verán 2021, Anexo I , Anexo II
Camiños de mar, terra e vento do programa ler conta moito
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSesión de narración oral a cargo da actriz, escritora e narradora Paula Carballeira e que leva por título: “Camiños de mar, terra e vento“, dirixido a nenas e nenos maiores de 4 anos e precisamos inscrición previa, xa que o aforo é limitado.
É a primeira das actividades do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imos ter de xeito presencial na Biblioteca de Xermade.
Sesión ordinaria do Pleno celebrada o 10 de xuño de 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno da Corporación reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 10 de xuño. Na parte resolutiva, aprobouse a adhesión ao convenio entre a FEMP e a AEAT para a subministración de información tributaria ás entidades locais, que substitúe ao convenio asinado no 2003.
Por outra banda, aprobouse inicialmente unha modificación de crédito para a adquisición das reitorais de Xermade e Roupar, por importe de 110.000 euros, tras chegar a un acordo o Concello e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol. A reitoral de Xermade – actualmente en réxime de cesión de uso- foi rehabilitada parcialmente polo Concello, mentras que a reitoral de Roupar precisa tamén de obras de acondicionamento, unha vez que se determine o uso que se lle vai dar ao inmoble.
Na parte de fiscalización e control, entre outros asuntos, informouse da remisión á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais da execución trimestral do 1º trimestre, e do Período Medio de Pago (12,39 días).