💜 15 de outubro: Día Internacional das Mulleres Rurais

O Concello de Xermade celebra o próximo venres día 15 de outubro o Día Internacional da Muller Rural cun monólogo na Casa Habanera (Roupar).

A entrada será gratuíta, sen reserva previa, e con aforo limitado.
Por protocolo Covid, será necesario deixar os datos antes de acceder ó recinto (Nome e teléfono de contacto).

Arantxa Treus é unha atriz galega, natural de Vigo. É unha artista polifacética, como mostran as súas participacións en proxectos de diversos xéneros: teatro, cine ou televisión. Participou en series como “Gondar“, “Serramoura” ou “Fariña“, ten participado en numerosos traballos de humor e comedia como o que nos trae a Roupar, onde nos falará dalgunha das súas vivencias e anécdotas sobre como ser muller e non morrer no intento.

#MullerRural
#DiaInternacionalDaMullerRural
#ArantxaTreus
#Monologo
#CasaHabaneraRoupar
#Xermade

A Caixa sen Pandora · Teatro na Biblioteca · 22 de outubro

Venres, 22 de outubro, as 18:00 Horas.

Biblioteca de Xermade

Un espectáculo para público familiar

Recomendado +5 anos

Teatro dos Ghazafelhos

Licitación das escolas culturais e deportivas do Concello de Xermade

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou os expedientes de contratación das escolas culturais e deportivas para o curso 2021-2022, que dará comezo no mes de novembro.

Ademais do deporte escolar, cuxa prórroga contractual foi autorizada na pasada sesión celebrada o 8 de setembro, súmase a oferta das seguintes actividades deportivas para persoas adultas: ioga/pilates e zumba.

Polo que respecta ás escolas culturais, licítanse catro actividades distintas: pandeireta, xabóns cosméticos e cremas, crochet tradicional e XXL, e Faino ti mesm@ (manualidades).

Ambas licitacións foron publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público na data de hoxe, sendo o último día para presentar oferta o 14 de outubro de 2021.

Trámite de información pública do parque eólico Santuario

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 171, de data 27 de xullo, publicouse o anuncio de información pública do estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Santuario, promovido por Enel Green Power España SL, que afecta aos municipios de As Pontes, Guitiriz, Vilalba e Xermade.

O pasado 17 de agosto o Concello de Xermade convocou unha reunión informativa para a veciñanza afectada. A técnica municipal de urbanismo, medio ambiente e obras explicou ás asistentes a afección ambiental deste parque, e ata o 8 de setembro (data na que finaliza o prazo de información pública) a oficina técnica do concello está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesorar na presentación de alegacións. A fin de facilitar que todas as persoas afectadas podan alegar neste trámite de información pública, publícanse os seguintes documentos, en formato editable e pdf:

– Plano de afeccións: Afeccion PARQUE EOLICO SANTUARIO

– Modelo de alegacións (en word e pdf): MODELO ALEGACION

MODELO ALEGACION

– Resumo das consideracións da oficina técnica municipal: RESUMEN PARQUE EÓLICO SANTUARIO

As alegacións poden ser presentadas presencialmente no Rexistro do Concello de Xermade ou en calquera outra administración pública (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro), ou ben de forma telemática, no Rexistro Electrónico Común, no seguinte enlace:

https://sede.administracion.gob.es/PAG_Sede/ServiciosElectronicos/RegistroElectronicoComun.html

 

 

Uxía Lambona e a Banda Molona

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e eu cantando e animando! .

Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

A día de hoxe temos tres cd´s publicados:

“Uxía Lambona e a Banda Lambona” 2015

“A bailar coma tol@s” 2017

“Astronauta Sideral” 2019

Divas de diván

Abraios de rúa

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación o vindeiro xoves 12 de agosto

A Corporación xermadina reunirase en sesión ordinaria o vindeiro xoves 12 de agosto, ás 20.00 horas. Na parte resolutiva vaise tratar a conta xeral do exercicio 2020, que xa foi ditaminada pola Comisión Especial de Contas o pasado 28 de maio de 2021 e o trámite de exposición público finalizou sen que se presentara ningunha alegación; e os festivos locais para o ano 2022, que volven a ser o martes de Entroido e o luns de Santa María.

O último asunto da sección resolutiva é a modificación da ordenanza fiscal nº 8, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, motivada pola aprobación dunha nova Ponencia de Valores Urbanos por parte da Xerencia do Catastro de Lugo, que supón unha diminución da base liquidable para 2022 dun 61,57% respecto aos valores de 2021. Modifícanse os tipos impositivos de urbana e rústica, que pasan a ser do 0,45%, e elimínanse as bonificacións aprobadas no 2011. Deste xeito manténse o nivel de ingresos que se obtiñan polo IBI nestes últimos exercicios, a fin de que os servizos públicos municipais non se vexan afectados negativamente por esa caída do valor catastral.

Na parte de control e fiscalización, darase conta do Período Medio de Pago do segundo trimestre de 2021, que é de 10,33 días, e das resolucións da Alcaldía adoptadas dende a última sesión ordinaria.