A WEB SERIE “ARRIEIROS SOMOS”, DE RUBÉN RIÓS, CHEGARÁ ESTE VENRES AO CONCELLO DE XERMADE

A web serie, que xa conta con máis de 1.000.000 de visualizacións nas súas dúas tempada e galardoada co premio á mellor webserie polo Festival Inclusivo de Vigo, fíxose trending topic a nivel nacional en tódolos medios de comunicación por medio da felicitación de nadal, con extracto do capitular de Rosa de Pantón, despertando a nostalxia das nosas matriarcas.

Tras o éxito na presentación do libro que toma título da webserie editado por Galaxia, Arrieiros Somos chegará este venres 5 de maio ás 21:00h ao Concello de Xermade nas plataformas dixitais do cineasta.

Este quinto capítulo mostrará o Concello de Xermade a través das miradas de Felicitas Fernández e Pablo Fernández a través dunha homenaxe á sabiduría popular destes dous protagonistas.
En Verín, xoves 04 de maio.- O cineasta plasmou en imaxes os testemuños Felicitas Fernández e Pablo Fernández no Concello de Xermade e arredores coa mostra do seu patrimonio natural e cultural.

A serie-documental conta con máis de 1.000.000 de visionados nas plataformas, foi premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, tranding topic na prensa a nivel nacional e cun recente libro editado por Galaxia, unha aposta pola sabiduría e experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor, retoma esta terceira tempada con gran forza.

Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senón, que no transcurso dos doce capítulos dos que consta esta terceira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto, ou non queremos escoitar, e que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.

O capítulo que emitirase nas redes de Rubén Riós e da colaboradora Elena Ferro o venres ás 21:00h contan máis de 200.000 seguidores en plataforma.

Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de Xermade polo seu compromiso coa nosa Galicia e as nosas xentes e a patrocinadores coma Xadigal que apostan pola nosa cultura.

Este capítulo mostrará unha grande homenaxe ao noso patrimonio histórico material e inmaterial, da nosa Galicia. Unha Galicia cun gran potencial que nos deixan os nosos maiores inculcando o amor pola nosa terra a través das raíces.

AXENDA ARRIEIROS SOMOS
Data: 05/05/23
Lugar: Instagram: rubenriosoficial / Facebook: Rubén Riós Facebook: Eferro / instagram: eferro_elenaferro Hora: 21:00h

Nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto do Concello de Xermade

O Pleno do Concello de Xermade acordou onte, por unanimidade, nomear fillo predilecto a José Mouriño Cuba, nado en Lousada en 1948, pola súa traxetoria profesional en prol do sector agroalimentario galego en xeral e da Terra Chá e Xermade en particular.
A Alcaldía designou ao concelleiro Antonio Riveira Requeijo como instrutor do expediente, a fin de que recabara os méritos de José Mouriño Cuba que o fan merecedor desta distinción.
Acadou o Título de Enxeñeiro Técnico Agrícola e de Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago. Pertence ao Corpo Especial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Estado e ao Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia como Biólogo. Foi presidente e cofundador do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense. Axudou a crear varias Denominacións de Calidade como medio de fomentar e acadar o proceso de industrialización agroalimentaria do campo en Galicia, entre os que destacan os Proxectos do Viño da Ribeira Sacra, Queixo de San Simón e Implantación da Agricultura Ecolóxica, entre outras varias, como a Castaña, Queixo do Cebreiro, etc.
José Mouriño Cuba tamén publicou “Lousada, un berce de lecer”, con poemas coa súa parroquia natal, a súa historia e os seus costumes como protagonistas.
O homenaxeado recibiu de mans do alcalde, Roberto García Pernas, un pin co escudo heráldico municipal e un diploma artístico, ademais dos dous tomos editados polo Concello do Premio Xermade na Historia. O acto, sinxelo e emotivo, rematou coas palabras de agradecemento de José Mouriño polo título concedido.

Obradoiros de Consumo

💡 O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.

É o programa permanente da EScola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano.

⏰ A duración estimada de cada actividade é de 60 minutos.

Pleno ordinario en Xermade

A Corporación reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de abril, ás 20 horas. Na parte resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar de As Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015.
Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por importe de 86.106,24 para as achegas municipais a dous convenios asinados coa Deputación de Lugo para a reposición de beirarrúas e senda peonil en Xermade, e para aglomerados en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada. Tamén se repón crédito por importe de 8.165,50€ para contratos de asistencia técnica en materia de abastecemento de auga, con motivo da elaboración dunha auditoría e plan de minimización de perdas de auga e da solicitude de axudas do Perte ciclo da auga por parte dunha agrupaciónde municipios, entre os que figura Xermade.
O Pleno aceptou a cesión dun tramo de estradas provinciais no núcleo de Xermade, necesario para executar a obra de reposición de beirarrúas, e en Roupar, para a execución da obra da área de xogos infantís (Plan Único 2022) e para o proxecto da Casa da Veciñanza.
A Alcaldía informou ao Pleno da concesión definitiva da axuda para a rehabilitación de reitoral de Xermade, da denegación definitiva da axuda para a Casa da Veciñanza de Roupar e da entrada en vigor do Regulamento de títulos, honras e distincións. Anunciou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio, coincidindo co pleno de sorteo de mesas electorais.
Acceda á orde do día da sesión: 20230410_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2023-0134 [Decreto convocatoria](1)

O proxecto de rehabilitación da reitoral de Xermade resulta seleccionado para o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local)

O proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Santa María de Xermade resultou seleccionado de forma provisional para a obtención dunha axuda ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local), do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O proxecto denominado “A Reitoral (CIT): Centro Internacional da Torneiría” acadou 53,08 puntos, sendo o único proxecto beneficario na provincia de Lugo, dun total de 188 proxectos a nivel estatal. O importe da axuda ascende a 454.860,00 euros (o orzamento é de 500.195,80 euros), segundo a “Resolución provisional de la convocatoria de Ayudas para la Rehabilitación de Edificios de Titularidad Pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia” publicada na sede electrónica do MITMA o pasado 3 de abril.
Acceda aquí á resolución: resolucionprovisional_l2conanexos
Este proxecto, redactado polas arquitectas da Universidade da Coruña Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño, resultara tamén beneficiario das axudas do Instituto de Transición Xusta. O Concello de Xermade aceptou na data de onte a concesión desta axuda, por importe de 403.000,00 euros, que acada o 100% dos gastos.

Visita a Roq Park Aventura de Viveiro

Roqsport é unha empresa de ocio, actividades de aventura e servizos deportivos, ubicada en Viveiro, desde o ano 2002, organizando e ofrecendo multitude de servizos de turismo activo, actividades deportivas, organización integral de eventos, campamentos de verán, escolas deportivas, etc.

O parque é un lugar de ocio ó aire libre, nun entorno espectacular, rodeado de natureza, circuitos entre os árboles, tirolinas e un montón de actividades.

O fin da nosa excursión é coñecer os catro circuitos que se habilitan entre o arboredo e que teñen diferente dificultade: o primeiro circuito ten sete xogos e remata nuna tirolina, o segundo é de maior lonxitude, mentres que as pasarelas do terceiro e do cuarto conectan entre sí. A dificultad medra a medida que se sube de nivel e la única limitación para completarlos é a altura á hora de acceder, dado que a liña de vida está situada a determinada altura, polo que as persoas que non a alcancen terán que ir a outra zona.

Visita da subdelegada do Goberno a Xermade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou hoxe o municipio con motivo da concesión dunha axuda de 403.000 euros por parte do Instituto de Transición Xusta ao Concello de Xermade para rehabilitar a Casa Reitoral de Santa María, na capital xermadina, e convertela no futuro Centro Internacional da Torneiría.
Na visita estiveron presentes, en representación da Universidade da Coruña, a vicerreitora de infraestruturas e sustentabilidade, Amparo Casares Gallego, e as arquitectas Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño. Foi a universidade quen redactou o proxecto de rehabilitación e elaborou a documentación necesaria para a solicitude das axudas.
En representación da Asociación Amigos da Madeira das Pontes estivo presente o seu presidente, Alfonso Franco Criado.
O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, acompañado do primeiro Tenente Alcalde, José Prieto Barro, e os concelleiros Nélida Coira Pena (grupo socialista) e Antonio Riveira Requeijo (grupo do Partido Popular), mostrou aos asistentes o inmoble e a contorna, na que se plantará un bosque autóctono e se habilitará un pequeno aparcamento para vehículos e biciletas.

O Concello de Xermade solicita axudas para o CEIP e o servizo de augas

O pasado venres 17 de marzo solicitáronse as axudas convocadas a través da Orde do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes (DOG n.º 34 do 17/02/2023).
Esta orde contempla tres liñas de axudas:
– Liña 1 das axudas: Obras destinadas á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais.
En primeiro termo, contempláse a substitución de equipos de iluminación no CEIP Xermade por outros con tecnoloxía LED, consonte ao orzamento desagregado presentado por Electricidad Moncho y Santomé SL, empresa adxudicataria do servizo de mantemento de alumeados públicos e instalacións eléctricas do Concello de Xermade, cun orzamento total de 10.896,91 euros máis 2.288,35 euros (IVE 21%), que suman un total de 13.185,26 euros.
Por outra banda, preténdese instalar paneis solares fotovoltaicos na cuberta do pavillón polideportivo, co obxectivo de aumentar o nivel de autoconsumo de enerxía eléctrica do centro educativo e do pavillón, con aforro da factura eléctrica que pode chegar ata un 70%, ademais de divulgar a enerxía solar no centro educativo, sensibilizando á comunidade escolar sobre a necesidade de irmos cara un modelo enerxético máis sustentable.
É importante que o alumnado aprenda de primeira man valores medioambientais a efectos de sentar as bases dunha nova economía alonxada do carbono.
Preséntase orzamento desagregado presentado por Electricidad Moncho y Santomé SL, empresa adxudicataria do servizo de mantemento de alumeados públicos e instalacións eléctricas do Concello de Xermade, cun orzamento total de 29.930,59 euros máis 6.285,42 euros (IVE 21%), que suman un total de 36.216,01 euros.
– Liña 2 das axudas: Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal. Preténsede a adquisición dunha minipala excavadora para o servizo de augas e medio ambiente: cun custo estimado de 66.404,80 euros, IVE incluido, segundo o orzamento presenaçtado o 27/02/2023 por Agroforestal Rouco. O Concello de Xermade solicitou unha achega por importe de 30.133,49 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, e con cargo a esta liña se axudas solicítanse 30.000,00 euros, importe máximo segundo o artigo 4.2 da Orde reguladora. O importe restante (6.271,31 euros) será sufragado con fondos propios.
– Liña 3 das axudas: Obras de modernización e mellora das redes de abastecemento municipal. Propónse a colocación de tres contadores de subministración en alta e de 220 contadores de telelectura. Consta orzamento desagregado redactado pola técnica muncicipal de urbanismo, medio ambiente e obras, por importe de 50.302,00 euros. Prevése que estas actuacións se contemplen no Plan de actuación para minimizar as perdas de auga, en cumprimento do disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, que está a tramitar o concello.

O Concello de Xermade continuará co aglomerado de vías municipais no 2023

O Concello de Xermade, a través da Xunta de Goberno Local, solicitou á Deputación de Lugo unha axuda de 100.000 euros para o proxecto “Reparación de estradas en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada”, redactado en marzo de 2023 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Miguel Ángel Fernández Rivera (colexiado 27796), cun importe total, IVE incluido, de 119.823,92 euros.
O Concello de Xermade ten unha extensa rede de estradas, e o correcto mantemento e conservación desta rede esixe mellorar a capa de rodadura de determinadas vías municipais mediante unha capa de 5cms de formigón bituminoso, previa limpeza das cunetas, para posteriormente proceder ao pintado da sinalización viaria.
Este proxecto constitúe a terceira actuación deste tipo na rede viaria municipal, posto que no 2022 executáronse dous proxectos: “Reparación de estradas en Rebuxentos” (financiada con 90.000 euros pola Deputación de Lugo), e “Reparación de estradas en A Criba, Candamil, Cabreiros e O Aruxo” (financiada con remanente de tesouraría).
Os tramos nos que se actúa son os seguintes:
– Roupar, nun tramo de 250 metros de lonxitude
– Penavaqueira, nun tramo de 430 metros de lonxitude
– A Touza, nun tramo de 375 metros de lonxitude
– Lousada, en dous tramos de 900 e 150 metros de lonxitude
Son tramos de grande afluencia de tráfico nas respectivas parroquias.
O Concello xa solicitou as autorizacións sectoriais preceptivas para a execución da obra, que agarda poder licitar ao longo do mes de abril.
Consulte o proxecto das obras: 20230307_PROYECTO AGLOMERADOS 2023 signed

Obradoiro de Cestaría Creativa

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no municipio de Lugo.

Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva.
Coa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle aos veciños e veciñas como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera, tamén teremos unha actividade no Concello de Xermade.

A actividade consistirá nun obradoiro de Cestaría creativa, que terá lugar os domingos 26 de marzo e 2 de abril de 2023, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Será impartido no local da “Asociación de Veciños do Campo” de Roupar, sendo necesaria e obrigatoria a inscrición previa vía telefónica no teléfono do Concello de Xermade, o 982 501 002.

As prazas serán limitadas e asignadas por orde de chamada.

O prazo de inscrición comeza o 16 de marzo.

Esperamos que a iniciativa resulte do seu interese e animámoslle a participar.