Programación Anual Biblioteca Pública Municipal
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeProgramación Anual 2017 · Biblioteca Pública Municipal de Xermade
Concurso “Andersen hoxe”
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeConcurso día do libro Infantil e Xuvenil 2017
XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS TÉCNICAS
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeA FIGURA DO TERAPEUTA OCUPACIONAL E APOIOS TÉCNICOS PARA A MELLORA DA VIDA DIARIA NO COIDADO E AUTONOMÍA DAS PERSOAS
O MARTES 21 DE FEBREIRO ás 19:00 h. na Biblioteca do Concello terá lugar una charla centrada na figura do Terapeuta Ocupacional como profesional sociosanitario e na súa contribución á calidade de vida das persoas nas súas áreas de desempeño funcional.
O taller será concibido como un lugar de co-aprendizaxe na que os contidos abordados se adaptarán ás propias experiencias e expectativas dos participantes.
A profesional incidirá no coñecemento de apoios técnicos para o coidado e a promoción da autonomía das persoas, e en como adaptar obxectos cotiás ás necesidades do coidado.
A actividade está aberta a toda a poboación interesada, previa comunicación da súa asistencia no teléfono 982.501.001 ou na Casa do Concello de Xermade.
Para máis información contactar coa Traballadora Social do Concello (Nuria)
Organizado por: Grupo de Coidadores do Concello de Xerrnade
Impartido por: Helena Traveso Rodríguez, Terapeuta Ocupacional, Clínica Sinergia (Lugo)
Colaboración: Personas WIP. Establecemento material sanitario (Lugo)
PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2017
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadePROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2017
Un ano máis ponse en marcha o Programa de deshabituación tabáquica destinado ás persoas que desexan deixar de fumar. A actividade é gratuíta e desenvolverase no Concello de Guitiriz durante os meses de marzo, abril e maio
Se resides nalgún dos concellos da agrupación e desexas deixas de fumar, preinscríbete antes do 22 de febreiro nalgún dos concellos da agrupación ou enviando os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org.(prazas limitadas)
O horario do programa fixarase en función das preferencias recibidas.
Para máis información ponte en contacto coa Coordinadora de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
- Luns Concello de Xermade: 982.501.001
- Martes Concello de Outeiro de Rei: 982.393.281
- Mércores Concello de Begonte: 982.396.012
- Xoves Concello de Guitiriz: 982.370.109
- Venres Concello de Rábade: 982.390.062
TALLER DE MEMORIA 2017
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeTALLER DE MEMORIA 2017
Neste taller traballaremos a memoria, a atención e a orientación tódolos luns de 11:30 a 12:30
A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos
As inscricións deberán entregarse no concello, o prazo remata o 5 de xaneiro
O taller de memoria é unha actividade gratuíta
*O lugar de realización definirase en función da preferencia da maioría de inscritos
IV INVERNADA DE CINE- CABREIROS. XERMADE
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeIV INVERNADA DE CINE
CASA ESCOLA DE CABREIROS
Organiza: Asociación de Veciñas/os de Cabreiros, Concello de Xermade e Facultade de CC. da Educación da USC.
Lembramos a toda a veciñanza que un ano máis está en marcha a Invernada de cine en Cabreiros. Unha actividade na que se busca compartir tardes de ocio entre familias, amizades, veciñanza e todas aquelas persoas que se queiran achegar ata Cabreiros para pasar unhas tardes entretidas e con contidos moi variados.
Este ano temos a gran sorte de ser o segundo concello da provincia de Lugo onde se estrea “VIDA” e o documental “Máis ca Vida”, de Rubén Riós. Aquí tivemos ás persoas protagonistas, Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez. Unha tarde chea de emocións e leccións de vida.
O 12 de novembro foi un día especial presentado polo mestre Alfonso Blanco Torrado, gran dinamizador cultural do concello de Guitiriz que presentaba a Bruno Pena e a súa peza “A chave de Bascuas”. Unha obra que parte coma un proxecto de fin de grao e na que participan máis de 70 persoas.
O sábado 26 de novembro presentamos a II Edición de “Queremos escachar coa risa” onde María Carballo e Laura Cabarcos nos amosarán distintos videos virais con distintos toques de humor. Sen dúbida será unha xornada moi divertida…
No mes de decembro tamén teremos actividade… será o día 3, acompañaranos Roberto Lolo con dúas das súas curtas, “Osito de peluche 3” e “Tienes un móvil”… dúas pezas que nos farán reflexionar e propiciarán o debate. Ademáis contaremos cunha protagonista especial, unha nena sarriana que visita moito o noso concello.
E rematamos o día 10 de decembro con “Moito conto con Ana Carreira”, un espectáculo para toda a familia. Ana é actriz, dramaturga, directora e narradora oral. Adica parte da súa profesión á creación de historias infantís.
Queda todo o mundo convidado a vir a Cabreiros, Xermade, á nosa Invernada de Cine. Un espazo interxeracional que busca unir persoas, entreter, ensinar, emocionar, debatir… e sobre todo, compartir.
Esperámosvos.