Exposición de Fotografía Dennise Vaccarello “Coma”

Exposición de Fotografía Dennise Vaccarello  “Coma”

Biblioteca Pública Municipal de Xermade do 4 ao 14 de Agosto, 2017

 

X CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017

Un ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.

O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.

Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.

O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.

As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.

Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.

Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde

Inscrición Campamento 2017 ANEXO I

 

II Pedalada Solidaria de Xermade

SAÍDA- 10 H. NA PRAZA DO CONCELLO
PERCORRIDO: XERMADE-CHARCA DO ALLIGAL
18 KM. TOTAIS. RITMO TRANQUILO E CON PARADAS PARA REAGRUPAR OS PEQUENOS

INSCRICIÓNS:

TELF. 982 510 001
Inscrición gratuíta podendo facer unha aportación na urna solidaria que terá a cruz vermella.

Os máis pequenos poden disfrutar tamén dunha xincana polos arredores do edificio do Concello.

Concurso de fotografía digital “#xermadeenfotos2017

Las imágenes presentadas deben estar tomadas dentro del límite municipal del Ayuntamiento de Xermade y realizadas en esta época del año.

Maxia e humor Leo leiño

Curso de Xardinería

Día das letras Galegas · Filipa cos contos

Xoves, 18 de maio ás 6 da tarde na biblioteca

Será unha sesión de contos dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, onde se van contar contos de Carlos Casares

Á escena contos!!!