8 de marzo de 2021

Este 8 de marzo, dada a situación sanitaria actual, no Concello de Xermade organizamos a actividade “Enraizando igualdade”.

Debido á pandemia, houbo un gran retoceso en igualdade, xa que pese a que as mulleres estiveron en primeira liña como coidadoras e sanitarias, foron as máis castigadas pola crise económica, xa que ocupan os sectores máis golpeados, como a hostalería ou o comercio. Tamén quedaron sen traballo empregadas do fogar, o que levou a un aumento da feminización da pobreza. No confinamento nos fogares, as nais levaron a sobrecarga do coidado dos fillos, renunciando ó seu emprego ou reducindo horarios e salarios. Viuse tamén un preocupante aumento das chamadas ó 016 e de denuncias por violencia de xénero.

Todo esto mostra que debemos seguir loitando e reivindicando os dereitos das mulleres.

Con esta actividade simbólica, na que prodecemos a colocar varias plantas moradas no colexio e a carón da biblioteca, pretendemos visibilizar a importancia do cultivo da igualdade en contra da discriminación que sufren as mulleres en diversos eidos, recordando tamén coas fotos do concurso de fotografía a nais e avoas que fixeron tanto por nós, sen olvidar o compromiso de que no futuro queda aínda moito por facer.

O Concello de Xermade presenta os seus proxectos para o Fondo de Compensación Ambiental e o Plan de Mellora de Camiños de Agader

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro en sesión ordinaria para tratar varios asuntos, entre os que destacan a solicitude de varias liñas de axudas convocadas pola Xunta de Galicia.

Unha delas é o Fondo de Compensación Ambiental, liña de concorrencia non competitiva, que asigna directamente ao concello 59.893,19 euros, cos cales se van financiar as seguintes actuacións:

a) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural:

a.1.) Contratación dun/ha técnico/a de medio ambiente e urbanismo, por importe de 14.142,26 euros (inclúe salarios e seguridade social).

a.2.) Contratación dun/ha operario/a de protección e mantemento de espazos naturais, por importe de 10.372,45 euros (inclúe salarios e seguridade social).

b) Custos de adquisición de equipamentos:

b.1.) Adquisición dun vehículo destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, por importe de de 31.238,19 euros, IVE e imposto de matriculación incluídos.

b.2) Adquisición de suxeita-colectores para o servizo de recollida de residuos, por importe de 4.137,28 euros IVE incluído.

Tamén se solicitou o financiamento dunha brigada de protección do ambiente e do espazo natural, conxuntamente co Concello de Guitiriz, con cargo á liña de concorrencia competitiva. Os gastos subvencionables son a contratación de persoal (brigada de cinco membros) durante tres meses, por importe de 24.112,10 euros, dos cales se solicita á Xunta de Galicia o 80%.

Por outra banda, A Xunta de Goberno Local acordou presentar o proxecto de obras de “Mellora de camiños municipais en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo” para o seu financiamento con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader, sendo a cantidade asignada a Xermade 57.451,00 euros, correspondentes ao importe do proxecto, excluído o IVE.

Enlace ao proxecto: 20210213_PROYECTO AGADER 2021 signed

Premios “Entroido na casa” 2021

Tendo en conta as “Bases Reguladoras do concurso “Entroido na casa” Xermade 2021” aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 13/01/2021, o xurado concede os premios como se describe a continuación:

No Facebook do Concello de Xermade poden verse fotos e vídeos dos disfraces gañadores.

Acta Xurado Entroido 2021

A Xunta de Goberno Local aproba a solicitude de participación no Plan Único 2021

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse hoxe en sesión ordinaria na que, entre outros asuntos, acordou solicitar a participación no Plan Único 2021 da Deputación de Lugo. O importe asignado a Xermade é de 309.748,20 euros, dos cales se destinan a investimentos 222.766,58 euros.

Os programas solicitados son os seguintes:

    1. INVESTIMENTOS

INVESTIMENTO

CUSTO OBRA

ACHEGA DEPUTACIÓN

ACHEGA CONCELLO

PROGRAMA DE GASTO (4 DÍXITOS)

Reparación de carreteras en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, Liñares, Mede e Seixido

80.965,64

80.965,64

0,00€

4530

Reparación de carreteras en Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, Roupar, A Graña, A Pía, etc.

105.382,00€

90.056,80€

15.325,20€

4530

Mellora de beirarrúas de Roupar. Fase II

25.270,35€

25.270,35€

0,00€

4530

Subministración de ventás, porta e baño portátil para a escola de Ladrela

11.185,80€

11.185,80€

0,00€

3330

Subministración de luminarias para o servizo de alumeado

11.890,17€

11.890,17€

0,00€

1650

TOTAL INVESTIMENTOS

238.091,68

222.766,58

15.325,20€

    1. PROGRAMA SAF

PROGRAMA SAF

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL SAF

Servizo de Axuda no Fogar

23.403,58 €

0,00 €

23.403,58€

    1. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL FOMENTO EMPREGO

Depuemprego (obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal)

59.578,14 €

0,00 €

59.578,14 €

d. PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL

PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL (especificar as actividades a realizar e achegar memoria así como certificado de dispor de agrupación de protección civil, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

Equipamento AVPC ( vestimenta, equipos de intervención e material )

4.000,00€

0,00 €

TOTAL DESTINADO PROTECCIÓN CIVIL

4.000,00 €

IMPORTE PLAN : 325.073,40 €

ACHEGA DEPUTACIÓN : 309.748,20 €

A Corporación de Xermade reúnese en sesión ordinaria o xoves 11 de febreiro de 2021

O Concello de Xermade celebrará o primeiro pleno ordinario do ano 2021 o vindeiro xoves 11 de febreiro, ás 20:00 horas. Por mor da situación sanitaria, a sesión será telemática, coa asistencia da Deputación de Lugo, a través do persoal de Novas Tecnoloxías, tal como ven acontecendo nas últimas sesións plenarias.

Entre os asuntos a tratar na sección resolutiva están dúas modificacións orzamentarias, ambas financiadas con remanente líquido de tesouraría para gastos xerais, magnitude que arroxa un importe de 614.941,63 euros, consonte á liquidación do exercicio 2020 (asunto do que se dará conta ao pleno).

Unha delas é un crédito extraordinario, para facer fronte á achega municipal derivada dun convenio interadministrativo asinado o 30/12/2020 coa Deputación de Lugo para a adquisición dun camión contraincendios. Grazas a este convenio, a Deputación achega 60.000 euros para este fin, obrigándose o Concello de Xermade a aportar 12.600 euros.

A outra modificación é un suplemento de crédito por importe de 15.325,20 euros para facer fronte á achega municipal ao programa de investimentos do Plan Único 2021, tal como esixen as bases que regulan este plan.

Tamén se leva a Pleno un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 5.127,98 euros correspondentes a unha factura do 2020 presentada pola empresa encargada das analíticas da auga de consumo humano. Esta factura obedece a unhas mostras de carácter extraordinario que o Concello de Xermade se viu obrigado a realizar a finais de decembro a requirimento de Sanidade.

Na sección de control e fiscalización, ademais de dar conta dos decretos da Alcaldía, infórmase tamén dos envíos realizados a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais, relativos ao 4º trimestre do exercicio 2020, entre os que cabe destacar o Período Medio de Pago a Proveedores, que se sitúa en 13,70 días.

Proceso selectivo para o nomeamento dun/ha arquitecto/a

O Concello de Xermade aprobou as bases para a selección dun/ha arquitecto/a interino o pasado 8 de xaneiro de 2021. O anuncio da convocatoria publicouse no BOP o 13 de xaneiro de 2021 e o 21 de xaneiro a Alcaldía aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas (non hai excluídas), nomeouse o tribunal e fixouse a data de celebración das probas.

As probas correspondentes á fase de oposición tiveron lugar o venres 29 de xaneiro de 2021.

Consulte aquí todos os documentos relacionados con este expediente:

Bases dilixenciadas

DECRETO APROBACIÓN LISTAXE DE ADMITIDOS E NOMEAMENTO DO TRIBUNAL

ACTA VALORACIÓN MÉRITOS 25-01-2021

proba test plantilla

ACTA FASE OPOSICIÓN 29-01-2021

ACTA FASE OPOSICIÓN 03-02-2021

As persoas interesadas no presente expediente poden dirixirse ao tribunal para solventar as dúbidas respecto das puntuacións publicadas a través do correo electrónico secretaria@xermade.org

Entroido 2021 en Xermade

O tradicional concurso de disfraces de Entroido que se celebra habitualmente no pavillón en Xermade, non poderá ser este ano debido á situación epidemiolóxica actual.

Desde o concello non queremos que a veciñanza se perda a celebración de Entroido, polo que, propoñemos un formato distinto de concurso.

 

Bases Entroido 2021