Nadal 2021 en Xermade

O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar no “”, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos.

Aquelas persoas que queiran participar deben seguir as bases que rexen o concurso.

Haberá 5 categorías:

Categorías nas que poden participar as VIVENDAS:

  • Árbore de Nadal
  • Nacemento/Belén
  • Decoración xeral interior
  • Decoración exterior

Categoría exclusiva para os NEGOCIOS:

  • Decoración xeral

Na participación por vivenda,a inscrición debe facerse a nome dunha persoa empadroada en dita vivenda do concello.
Unha mesma vivenda pode escoller participar nas catro categorías como máximo e un mínimo de unha.

Na participación por negocio, a inscrición será a nome da persoa titular do mesmo.

Premios: Unha cesta valorada en 130 € por categoría

Inscricións: Para facela efectiva, será necesario enviar por email (educadora.familiar@xermade.org) ou whatsapp (678 744 178):

-Vivendas: nome, número de DNI e dirección postal da persoa representante (empadroada no concello) con 3 fotografías* por cada categoría á que se presenten.
-Negocios: o nome do negocio, nome da persoa propietaria do mesmo, número de DNI, dirección postal do negocio e 3 fotografías* da decoración de Nadal que consideren.

 

(* As fotografías enviadas poderán ser expostas na web e redes sociais do Concello de Xermade.)

 

Tamén, o luns 27 de decembro haberá unha excursión a Xuvenlugo.

A saída do bus será ás 15.30 desde a Praza do Concello. É necesaria inscrición previa no concello ou no 678 744 178

As prazas serán limitadas, tendo prioridade as persoas empadroadas en Xermade. Os menores deben ir acompañados.

 

Bases concurso

 

A Escada dos Contros · Teatro na Biblioteca

O grupo ALENTÍA TEATRO representará o venres 17 de decembro a obra  “A ESCADA DOS CONTOS”, representación con entrada gratuita dirixida a público infantil e familiar.

18:00 Horas (INSCRICIÓN PREVIA)
Biblioteca Municipal de Xermade

Obradoiros de cerámica

En decembro levaremos a cabo dous obradoiros de cerámica, un na parroquia de Roupar, no local da asociación de veciños, e outro en Momán, na casa escola.

 

Os obradoiros serán impartidos por María Sánchez Castedo, de Ceniza de papel.

 

O primeiro día elaboraremos unha peza de barro no torno, quedará a secar durante unha semana, e o seguinte sábado procederemos coa decoración da mesma. Tras o seu paso polo forno da artesana, poderedes levala á casa.

 

Inscricións presenciais no concello.

 

Máis información no 678 744 178

 

Exposición ’50 anos do Belén de Begonte’, na Biblioteca de Xermade

Do 24 de novembro ao 2 de decembro

Horario: De 15:00 a 21:00

A exposición está composta por trece paneis que reflicten as datas e os datos máis destacados da historia do Belén.

A apertura desta exposición, que vai a visitar 33 cidades e pobos de Galicia, pon de manifesto a intención dos responsables do Belén de que, mantendo o seu carácter virtual que o pasado ano esixiu a situación sanitaria, este ano volva estar aberto ao público desde o primeiro sábado de decembro ata o último sábado de xaneiro, e tentar superar as 40.000 visitas que se viñeron rexistrando nos anos anteriores á aparición da pandemia.

Aprobación inicial dos orzamentos do ano 2022

O Pleno xermadino reuniuse en sesión extraordinaria o pasado xoves 18 de novembro co gallo de aprobar os orzamentos para o exercicio 2022. As contas increméntanse en 64.164,73 euros respecto ao exercicio 2021.

A capacidade investidora aumenta notablemente respecto ao ano en curso, dado que no 2022 o Concello de Xermade debe achegar 55.220 euros para a construción da depuradora do Campo da Feira-Momán, unha obra que executará a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e que se prevé remate no ano 2023. Ademais, prevese a achega municipal aos investimentos do Plan Único e o Plan de Mellora de Camiños de Agader, que ascende a un total de 28.861,80 euros.

Como en anos anteriores, dáselle continuidade ás axudas a asociacións, festexos, Uned Sénior, Educando en familia, clubes de fútbol e eventos deportivos, agardando que no 2022 podan celebrarse, do mesmo xeito que o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, e como novidade prevese unha axuda de 500 euros para a ANPA do CEIP Xermade.

Un dos gastos de maior relevancia é o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que supón un gasto de 744.886,80 euros. Grazas ao incremento da achega da Xunta de Galicia ao SAF dependencia derivado do convenio recentemente asinado coa FEGAMP, o Concello de Xermade no 2022 deixará de achegar 61.666,80 euros, que ata o momento era sufragados polas arcas municipais.

Co obxectivo de reforzar os servizos públicos que se veñen prestando á veciñanza con medios propios, recentemente cubríronse as dúas vacantes de operario de servizos múltiples.

Resumo orzamentos ingresos/gastos por capítulos:

ORZAMENTO DE GASTOS 2022

ORZAMENTO DE INGRESOS 2022

OPERACIÓNS CORRENTES

INGRESOS CORRENTES

CAPITULO 1 417.317,76

CAPITULO 1 508.021,60

CAPITULO 2 1.319.740,74

CAPITULO 2 10.000,00

CAPITULO 3 1.000,00

CAPITULO 3 293.569,60

CAPITULO 4 62.045,33

CAPITULO 4 1.081.369,57

CAPITULO 5 0,00

CAPITULO 5 1.608,00

Total Gastos Correntes: 1.800.103,83

Total Ingresos Correntes: 1.894.568,77

OPERACIONS CAPITAL

INGRESOS DE CAPITAL

CAPITULO 6 42.864,94

CAPITULO 6 —————————

CAPITULO 7 51.600,00

CAPITULO 7 —————————

CAPITULO 8 —————————-

CAPITULO 8 ————————–

CAPITULO 9 —————————-

CAPITULO 9 ————————-

Total Gastos Capital: 94.464,94

Total Ingresos Capital: 0,00€

TOTAL GASTOS: 1.894.568,77€

TOTAL INGRESOS: 1.894.568,77€

O Concello de Xermade presenta alegacións aos parques eólicos Mistral e Nordés

O pasado 7 de outubro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o anuncio polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e autorización administrativa previa do parque eólico Mistral de 100,8 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo, que afecta aos municipios de Vilalba, Xermade e Guitiriz; e do parque eólico Nordés de 67,2 MW e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo.

O parque eólico Mistral está integrado por 18 aeroxeneradores, dos cales 14 se sitúan en Xermade.

Consulte o informe técnico remitido polo Concello de Xermade: 20211107_Informe_Informe técnico_2021_558_Informe técnico

 

Duncan de palleiro · Teatro infantil a cargo de Lila Teatro · 19 de novembro, ás 19:.30 na biblioteca

19 de novembro, ás 19:.30 na biblioteca
Espectáculo de teatro infantil a cargo de Lila Teatro

Elenco: Lines González e Lara Manzano

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.

Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.

Amizade, amor e liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.

Cursos 2021/2022

Festa Samaín 2021

O domingo 31 de outubro ás 17.00 hora, no Pavillón Municipal (Xermade), ven a pasar unha tarde diferente.

Teremos para os nosos nenos e nenas pintacaras, xogos de Samaín, xogos dirixidos con música, e para que non falen folgos, tamén haberá unha sabedora merenda.

Non deixes de traer o teu disfrace e a túa cabaza ben decorada, xa que faremos concursos nos que se premiarán as mellores galas e as máis arrepieantes cabazas.

O aforo estará limitado, polo que será necesaria inscrición previa no teléfono 678 744 178 de Lucía Guizán, a Educadora familiar. O prazo remata o 26 de outubro.

 

Vente a Xermade, ¡Pasarémolo DE MEDO!

 

Organiza e subvenciona: Concello de Xermade

Colabora: ANPA de Xermade