XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais APRENDENDO COS NOSOS MAIORES (Cabreiros, Xermade)
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarTras dous anos de forzoso parón e restriccións, imos a pola nosa “maioría de idade” coa mesma esencia de sempre, pero con máis ansias aínda se é posible, pois retomamos o formato orixinal das xornadas.
Nesta edición número 18 queremos seguir aprendendo e compartindo en comunidade, falando do agro, de medicina, de emprendemento, do rural… de Cabreiros, de Xermade, disfrutar da música… e máis aínda da compañía, xa que a parte ensencial de todo isto é o público e queremos seguir contando con todos e todas vós, ¡temos máis gañas de xuntarnos que nunca e vernos as caras!
¡Non podedes faltar a esta tradicional cita coas Xornadas, agardámosvos!
Programación:
Premios Certame “Letras Galegas 2022”
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarNa Biblioteca Pública Municipal de Xermade celebrouse o fallo do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, o día 11 de maio ás 16:00 h.
Presentáronse 20 traballos sobre o tema proposto: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”. Na categoría A, ata 8 anos, presentáronse 11 debuxos e 2 narracións; na categoría B, de 9 a 11 anos: 2 debuxos e 0 narracións; e na categoría C, de 12 a 16 anos: 2 debuxos e 3 narracións.
Conformou o xurado:
Roberto García Pernas, Alcalde do Concello de Xermade.
Rosa María Seijo Pita , Conserxe do CEIP. Plurilingüe de Xermade.
Nélida Coira Pena, Concelleira de Benestar social e Igualdade.
Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade, responsable temporal da Biblioteca Pública Municipal de Xermade.
A deliberación do xurado rematou ás 16.40 horas, e despois de ler as narracións e valorar os debuxos tendo en conta a orixinalidade, o desenvolvemento, a imaxe plástica do conxunto, a corrección do texto e a súa relación co tema do certame; propuxéronse por cada modalidade e categoría as obras e autores premiados que a continuación se relacionan:
DEBUXO
Categoría A, ata 8 anos:
Gael Otero Gómez
Xela Prieto Lomba
Mara Piñeiro Campo
Categoría B, de 9 a 11 anos:
Adrián Canto Folgueira
Alba Monteiro López
Categoría C, de 12 a 16 anos:
Vania Michelle Pinto Portal
Isabel Freire Monteiro
NARRACIÓN
Categoría A, ata 8 anos:
Martina Fernández Salgado
Lois Martínez Bermúdez
Categoría B, de 9 a 11 anos:
DESERTO
Categoría C, de 12 a 16 anos:
Jenifer Pinto Portal
Aroa Blanco Prieto
Sarai Paz Prieto
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Horario temporal de apertura da biblioteca de Xermade
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeA biblioteca municipal de Xermade terá un novo horario de apertura dende o luns 9 de maio ata novo aviso, por cuestións organizativas de persoal, que será de 15.00 a 18.30 horas de luns a venres.
No caso de que algunha persoa usuaria queira facer uso do préstamo e devolución de libros fóra dese horario, poden contactar coa educadora familiar (Lucía Guizán) no teléfono 678 74 41 78.
O Concello está tramitando a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura da vacante de auxiliar de biblioteca como persoal funcionario interino. O anuncio foi publicado no BOP nº 102 o xoves 5 de maio de 2022, e as bases íntegras poden consultarse na sede electrónica municipal. O prazo de presentación de instancias finaliza o luns 16 de maio (ao ser o domingo día inhábil).
Bases bolsa de emprego auxiliar biblioteca: Bases auxiliar biblioteca
O Pleno acorda investir o remanente na reparación de vías municipais e adquisición da reitoral de Roupar
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Pleno xermadino reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 7 de abril, con varios asuntos na orde do día. Entre eles, dúas modificacións de crédito financiadas con remanente líquido de tesourería procedente da liquidación do exercicio 2021. En total, investirase 455.251,53 euros en 4 proxectos de reparación de vías municipais:
- Reparación de estradas en A Ermida, O Chao, Lousada, Badoi e A Silva (167.668,19 euros, IVE incluido)
- Reparación de estradas en A Criba, Cabreiros, Candamil e O Aruxo (182.991,64 euros, IVE incluido)
- Reparación de pistas forestais zona norte (41.713,07 euros, IVE incluido)
- Reparación de pistas forestais zona sur (44.490,13 euros, IVE incluido)
O custe das obras ascende a 441.263,29 euros, e os 13.998,24 euros restantes van destinados aos honorarios de redacción dos proxectos e dirección das obras.
Por outra banda, adícanse 50.000 euros á adquisición da reitoral de Roupar, compravenda que non puido formalizarse no ano 2021 por requirir unha segregación previa que se atopa pendente das autorizacións sectoriais de Patrimonio e o Servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo.
Tamén se adican 15.000 euros a financiar un convenio coa Universidade da Coruña para a redacción do proxecto básico e de execución da Casa da Veciñanza de Roupar e a documentación esixida polo Instituto de Transición Xusta para solicitar as axudas que se van convocar a finais de maio; así como para a rehabilitación de reitoral de Xermade, adquiririda en novembro de 2021.
Por último, prevese unha partida de 3.000 euros para adquirir a parcela na que se ubicará a depuradora do Campo da Feira, en Momán, que se executará neste 2022 con cargo a un convenio asinado coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Nesta sesión ordinaria tamén se aprobou unha declaración institucional de integridade e compromiso ético, de cara á xestión de fondos europeos en execución das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que esixe dispoñer dun Plan de medidas antifraude.
Douse conta tamén ao Pleno da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2021, que se saldou cun resultado orzamentario axustado de 235.217,53 euros e un remanente líquido de tesouraría para gastos xerais de 961.005,07 euros.
Por último, a Alcaldía informou ao Pleno respecto das solicitudes de axudas presentadas dende a sesión ordinaria do mes de abril. Pode consultar o contido do informe:20220404_Informe_Informe_INFORME DA ALCALDÍA
Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeCertame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.
Este ano o certame leva por tema o seguinte: “O que pasa ao meu arredor“; e vai dirixido a nenas e nenos de 0 a 16 anos establecéndose 3 categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Ruta Xacobea 2022 desde Xermade
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, promove e organiza a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela:
Etapa Data
1º Xermade-Guitiriz 9/04/2022
2º Guitiriz-Sobrado 23/04/2022
3º Sobrado-Arzúa 7/05/2022
4º Arzúa-O Pino 21/05/2022
5º O Pino-Santiago 04/06/2022
Saída: Todos os sábados ás 8.00 diante do Concello.
Autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ó remate de cada xornada.
Inscricións: no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo de cada etapa). Aforo limitado.
Máis información: 678 744 178 (Lucía)
Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Mentres camiñamos contaremos con: transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.
*Prioridade para persoas empadroadas.O concello reserva o dereito de cancelar a actividade ou etapas se non se dá un mínimo de inscricións
O Concello de Xermade solicita as axudas da reserva de biosfera para tres proxectos de posta en valor do medio ambiente e recursos turísticos
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeNo DOGA do 11.02.2022 publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).
Destas axudas poderán ser beneficiarios os concellos incluidos no ámbito territorial de calquera das 7 Reservas da Biosfera de Galicia. O Concello de Xermade pertence á Reserva de Biosfera Terras de Miño, á que pertencen outros 25 concellos da provincia de Lugo.
O proxecto de posta en valor e promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño no Concello de Xermade obtivo o aval do órgano xestor da reserva e contempla as seguintes actuacións:
Actuación 1: desbroce para a conservación de ecosistemas forestais e prevención de incendios forestais e eliminación de acacias, nun espazo de 9 hectáreas propiedade da Comunidade de Montes de Lousada, cun orzamento de 15.300,00 euros.
Actuación 2: creación dun aparcadoiro de autocaravanas para fomentar o turismo sostible na área recreativa de Cabreiros, nun espazo de titularidade autonómica (está tramitándose a cesión), cun orzamento de 18.946,00 euros.
Actuación 3: embelecemento da zona de baño na área recreativa de Cabreiros, cun orzamento de 44.700,00 euros. Restauraránse as comportas de enchido e baleirado da zona de baño e instalarase unha pasarela de 17 metros de lonxitude por 2 metros de ancho para conectar a illa coa propia área recreativa.
En total, o orzamento sen IVE ascende a 78.946,00 euros, dos cales se solicita o 100%. O IVE será achegado polo Concello de Xermade.
💜 Cultivando o xerme da igualdade 🌱
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Alcalde Roberto García Pernas, a Concelleira de Educación, Cultura, Deportes, Xuventude e Relacións coas Asociacións Veciñais Verónica Amarelo Morado e a Concelleira Benestar social e Igualdade Nélida Coira Pena, fixeron entrega este 8 de marzo de 2022 no CEIP Plurilingüe de Xermade do libro “En Xermade somos iguais”, no que Os Bolechas son os protagonistas, divulgando mensaxes en favor da igualdade para romper coa brecha de xénero desde @s máis pequen@s.
Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)