BIBLIOTECA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XERMADE
A Biblioteca Municipal de Xermade é unha institución de titularidade pública dependente do Concello e está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. Sitúase na planta baixa da antiga escola unitaria.
Comezou a súa andadura no ano 1994 cun fondo bibliográfico de 1500 volumes que se foi consolidando ata superar actualmente os 10.000.
O seu obxectivo primordial é facilitar o acceso á información nos seus diferentes soportes, cubrindo os campos da formación, ocio, cultura e información aos usuarios. Busca, pois, ser un espazo de encontro, onde poder formarse, aprender, compartir experiencias e relacionarse a través do seu fondo, programación de actividades para tódolos públicos e cesión de espazos para a veciñanza.
Estes son algúns dos servizos que presta:
Préstamo:
– Persoal a domicilio: 5 exemplares por cada carné da Rede de Bibliotecas de Galicia. Este carné é un documento persoal e único e dá dereito a utilizar os servizos de calquera das bibliotecas integradas na Rede. [formulario]
– Interbibliotecario: documentos que non se atopen entre os nosos fondos pero si noutras bibliotecas da Rede.
– obras en formato electrónico: a través de GaliciaLe. [GaliciaLe – A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas ]
– A entidades: ofrecido ás asociacións veciñais, aulas do CEIP, casa-niño, agrupacións culturais e outros colectivos. Con un máximo de 30 documentos [formulario]
Publicacións de guías de lectura e boletíns de novidades.
Información bibliográfica e referencia
Reprografía.
Formación de usuarios: Ensínase aos usuarios a localizar a información na biblioteca. Para acadar esta formación búscase a colaboración permanente co centro de ensino do municipio a través da realización de visitas guiadas programadas.
Lectura en sala
Solicitude de novas adquisicións
Internet e Wifi: A Biblioteca dispón de ordenadores portátiles de uso público para o acceso a Internet e uso xeral. Dispoñemos tamén de Wi-Fi pública e gratuíta onde calquera persoa usuaria pode conectarse desde o seu dispositivo.
Actividades de animación á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento á biblioteca: sesións de contacontos, obradoiros , mostras bibliográficas, exposicións, certames, representacións teatrais, presentación de libros, etc..
Nas Campañas de animación á lectura María Moliner convocadas polo Ministerio de Cultura e Deporte, a biblioteca de Xermade acadou catro premios nos anos 2012, 2016, 2017 e 2018 e 2021 por diferentes proxectos de dinamización lectora; que supuxeron unha moi boa fonte de financiamento para actualizar o seu fondo bibliográfico e unha distinción á labor da biblioteca no seu compromiso coa cultura.
Todos os servizos que prestamos son gratuitos agás o de reprografía.
HORARIO:
Luns a venres de 11h00 a 14h00 e de 15h00 a 18h00
Avda de Vilalba s/n.
27833 Xermade (Lugo)
CONTACTO
TELÉFONO: 982501055
WhatsApp: 651039615
Correo electrónico: xermade.rbgalicia@eidolocal.es
Facebook: https://www.facebook.com/bibliotecadexermade/
APP da Rede
Con esta app o teu carné da biblioteca está agora no teu móbil. Deste xeito poderás acceder ao préstamo ou a calquera outro servizo da túa biblioteca sen necesidade de levar a tarxeta ou levar sempre contigo todo o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo GaliciaLe.
Descárgaa aqui: App da Rede de Bibliotecas de Galicia | Rede de Bibliotecas de Galicia