Entries by Secretaria Xermade

O Pleno acorda investir o remanente na reparación de vías municipais e adquisición da reitoral de Roupar

O Pleno xermadino reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 7 de abril, con varios asuntos na orde do día. Entre eles, dúas modificacións de crédito financiadas con remanente líquido de tesourería procedente da liquidación do exercicio 2021. En total, investirase 455.251,53 euros en 4 proxectos de reparación de vías municipais: Reparación de estradas en […]

O Concello de Xermade solicita as axudas da reserva de biosfera para tres proxectos de posta en valor do medio ambiente e recursos turísticos

No DOGA do 11.02.2022 publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola […]

Reparación dunha estrada en Rebuxentos-Piñeiro, financiada pola Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, asinaron un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 90.000 euros para a reparación dunha estrada na parroquia de Rebuxentos. Trátase duns traballos importantes para mellorar as comunicacións no municipio e que contarán cun investimento total […]

Aprobación inicial dos orzamentos do ano 2022

O Pleno xermadino reuniuse en sesión extraordinaria o pasado xoves 18 de novembro co gallo de aprobar os orzamentos para o exercicio 2022. As contas increméntanse en 64.164,73 euros respecto ao exercicio 2021. A capacidade investidora aumenta notablemente respecto ao ano en curso, dado que no 2022 o Concello de Xermade debe achegar 55.220 euros […]