Entries by Secretaria Xermade

Licitación da área de xogos infantís en Roupar

A Xunta de Goberno Local celebrou sesión ordinaria o pasado mércores 24 de maio, na que se aprobaron dous expedientes de contratación: un proxecto de obras incluido no Plan Único 2022, a área de xogos infantís en Roupar, que se executará na parcela da reitoral de San Pedro Fiz, e ten un orzamento de licitación […]

Pleno ordinario en Xermade

A Corporación reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de abril, ás 20 horas. Na parte resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar de As Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015. Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por […]

O proxecto de rehabilitación da reitoral de Xermade resulta seleccionado para o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local)

O proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Santa María de Xermade resultou seleccionado de forma provisional para a obtención dunha axuda ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local), do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O proxecto denominado “A Reitoral (CIT): Centro Internacional […]

Visita da subdelegada do Goberno a Xermade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou hoxe o municipio con motivo da concesión dunha axuda de 403.000 euros por parte do Instituto de Transición Xusta ao Concello de Xermade para rehabilitar a Casa Reitoral de Santa María, na capital xermadina, e convertela no futuro Centro Internacional da Torneiría. Na visita estiveron presentes, […]

O Pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 9 de febreiro

O Pleno da Corporación xermadina celebrou sesión ordinaria o xoves 9 de febreiro de 2023, ás 20.00 horas. Na parte resolutiva aprobouse inicialmente o Regulamento de títulos, honras e distincións, como paso previo á concesión do título de fillo predilecto a José Mouriño Cuba, nado na parroquia de Lousada, unha petición realizada polo Partido Popular […]