Entradas por Secretaria Xermade

Comunidade de enerxías renovables XERando

O pasado 19 de setembro constituiuse baixo a forma xurídica de asociación a Comunidade de Enerxías Renovables “XERando”, cunha grande resposta veciñal, xa que se uniron máis de 30 persoas, entre as que se atopan a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o propio Concello de Xermade, amais da Comunidade de Montes de […]

A FEGAMP selecciona ao Concello de Xermade como concello piloto do proxecto CEL RURAL

O mércores 12 de xuño a Secretaría Xeral da Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) comunicou ao Concello de Xermade que a Xunta de Voceiros acordou seleccionalo como concello piloto do proxecto CEL RURAL, para o desenvolvemento dunha comunidade enerxética rural. Nunha primeira fase a FEGAMP convidou aos 240 concellos cualificados como zonas pouco […]

Selección de persoal para tratamentos preventivos de xeito mecanizado

O Concello de Xermade aprobou as bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación, con carácter temporal, en réxime de dereito laboral, de peóns/as forestais en traballos forestais para tratamentos preventivos de xeito mecanizado. A duración dos contratos está condicionada polo período de operatividade fixado no convenio: ata o 30/09/2024. As retribucións brutas (incluida […]

Convocatoria de subvencións para fomentar unha actividade de interese municipal

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 3 de xaneiro de 2024 en sesión ordinaria. Entre outros asuntos, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para o fomento de actividades de interese municipal nos anos 2023-2024. Esta convocatoria contempla tres novidades respecto das convocatorias […]

Programa de compostaxe doméstica

O programa de compostaxe doméstica do Concello de Xermade conseguiu a axuda solicitada á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a adquisición de 103 composteiros, que serán entregados a todas aquelas persoas con vivenda en Xermade que o soliciten. O proxecto ten un orzamento total de 8.665,00€ e a axuda concedida ascende […]

Xornada informativa sobre o parque eólico Santuario

O Concello de Xermade organiza unha xornada informativa para a veciñanza afectada pola instalación do “Parque Eólico Santuario”. Participará D. Xavier Simón Fernández, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e Dª. María Montero Muñoz, profesora titular do departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas da Universidade de Vigo. Ambos […]

Nova área de xogos infantís en Roupar

O Concello de Xermade recibiu a primeiros deste mes de novembro a obra denominada “Área de xogos infantís en Roupar”, adxudicada a Jardinería Arce SL en 63.987,38 euros, dos cales 58.671,30 euros foron achegados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de cooperación cos concellos do ano 2022. O parque executouse na parcela […]

Rehabilitación da antiga escola de Ladrela

O Concello de Xermade vén de solicitar o acceso ao ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG n.º 182 do 23/09/2016) para o financiamento da rehabilitación da escola de Ladrela, segundo a memoria descritiva asinada pola […]

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación

A Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal: 1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria […]