Entradas por Educadora Familiar

X PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”

O Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o X Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo, que será regulado polas seguintes BASES 1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo. 2. Cada autor/a […]

XIX Xornadas Interxeracionais Rurais

A asociación de veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago (USC) organizan a décimo novena edición das Xornadas Interxeracionais Rurais, que comezarán o 20 de maio e durarán ata o 3 de xuño. As xornadas, financiadas polo Concello e a Deputación Provincial de Lugo, […]

Obradoiros de Consumo

💡 O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades. É o programa permanente da EScola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano. ⏰ A duración estimada de cada […]

Visita a Roq Park Aventura de Viveiro

Roqsport é unha empresa de ocio, actividades de aventura e servizos deportivos, ubicada en Viveiro, desde o ano 2002, organizando e ofrecendo multitude de servizos de turismo activo, actividades deportivas, organización integral de eventos, campamentos de verán, escolas deportivas, etc. O parque é un lugar de ocio ó aire libre, nun entorno espectacular, rodeado de […]

Obradoiro de Cestaría Creativa

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no municipio de Lugo. Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva. […]

XV Cea da muller de Xermade

O Concello de Xermade comeza a conmemoración do Día da Muller coa tradicional Cea da Muller, que chega á súa XV edición. A celebración terá lugar o sábado 4 de marzo no restaurante “O Paso” de Candamil, a partir das 21.30 horas. O menú constará de pescada en salsa americana de primeiro, codillo de porco […]

Entroido 2023

O concurso de disfraces Entroido Xermade 2023 celebrarase o luns día 20 de febreiro, ás 20.00 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade. O prazo de inscrición de participantes será ata o 14 de febreiro. A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando a folla de inscrición cuberta e […]