Entries by Educadora Familiar

IV CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL

O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nun concurso de decoración de Nadal, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos. A data de inscrición estará aberta desde a publicación destas bases ata o 21 de decembro […]

A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ

Chega a Roupar este espectáculo da man da Rede De Dinamización Lingüística. Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que […]

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Catro foodtrucks traerán o sabor das rías galegas e produtos galegos ó Concello de Xermade, onde a […]

Curso de Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas

Os próximos venres 17 e 24 de novembro, na Biblioteca Municipal de Xermade, terá lugar un curso de “Autodefensa para Mulleres Ante Situacións Violentas” monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Este curso forma parte das actividades programadas de cara ao 25N polo Concello de […]

Coidados porta a porta

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a preto de 100.000 galegos. Que servizos se prestan? Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do […]