Entries by Educadora Familiar

8 de marzo de 2021

Este 8 de marzo, dada a situación sanitaria actual, no Concello de Xermade organizamos a actividade “Enraizando igualdade”. Debido á pandemia, houbo un gran retoceso en igualdade, xa que pese a que as mulleres estiveron en primeira liña como coidadoras e sanitarias, foron as máis castigadas pola crise económica, xa que ocupan os sectores máis […]

Premios “Entroido na casa” 2021

Tendo en conta as “Bases Reguladoras do concurso “Entroido na casa” Xermade 2021” aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 13/01/2021, o xurado concede os premios como se describe a continuación: No Facebook do Concello de Xermade poden verse fotos e vídeos dos disfraces gañadores. Acta Xurado Entroido 2021

Entroido 2021 en Xermade

O tradicional concurso de disfraces de Entroido que se celebra habitualmente no pavillón en Xermade, non poderá ser este ano debido á situación epidemiolóxica actual. Desde o concello non queremos que a veciñanza se perda a celebración de Entroido, polo que, propoñemos un formato distinto de concurso.   Bases Entroido 2021

En negro contra as violencias 2020

Un ano máis, o Concello de Xermade tinguirase de negro con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, xa que mantemos a adhesión á campaña ‘En Negro Contra As Violencias’, acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela. Este […]

Aprazamento do comezo das Escolas Culturais 2020/2021

O Concello de Xermade lamenta comunicar que, dada progresión actual da Covid-19, posponse o comezo das actividades culturais, concretamente, os cursos de “Costura”, “Faino ti mesm@” (manualidades) e “Xabóns e cremas”. Ante as restricións de aforo establecidas pola Consellería de Sanidade durante o mes de outubro, e dado o tamaño reducido das aulas onde se […]

Maxia pola igualdade

  Na próxima feira, o xoves día 3 de setembro, ás 12.30 chega a Xermade o espectáculo infantil ‘A igualdade é maxia’, da man do mago Javier Muro, que busca concienciar na igualdade entre homes e mulleres e a non violencia na sociedade. Dun xeito ameno, trataremos temas como as profesións, os xoguetes,  tarefas do […]