AULA MENTOR

Visita que a Subdelegada do Goberno en Lugo realizou en xaneiro de 2023 nas instalacións

Visita que a Subdelegada do Goberno en Lugo realizou en xaneiro de 2023 nas instalacións
Aula Mentor é un programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a formación aberta, flexible e a distancia a través de Internet, dirixido a persoas adultas cuxa oferta formativa materialízase nun conxunto de cursos organizados en áreas formativas e deseñados con obxecto de mellorar as competencias persoais e profesionais dos potenciais destinatarios desta modalidade de ensino.
Trátase dunha proposta formativa de carácter non formal, tal e como se caracteriza esta modalidade na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro. E, tamén, unha oferta de carácter parcial e acumulable que pode conducir á obtención dunha acreditación parcial de competencia, segundo o establecido na Lei 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración do Sistema de Formación Profesional.
Actualmente, conta con máis de 240 cursos de pequena duración, organizados en 14 Áreas Formativas.
O Concello de Xermade é entidade colaboradora, polo que toda a veciñanza pode facer uso da Aula Mentor situada en:
Biblioteca Municipal
Avenida de Vilalba s/n.
C.P. 27833 Xermade