Aprobación inicial dos orzamentos do ano 2022
O Pleno xermadino reuniuse en sesión extraordinaria o pasado xoves 18 de novembro co gallo de aprobar os orzamentos para o exercicio 2022. As contas increméntanse en 64.164,73 euros respecto ao exercicio 2021.
A capacidade investidora aumenta notablemente respecto ao ano en curso, dado que no 2022 o Concello de Xermade debe achegar 55.220 euros para a construción da depuradora do Campo da Feira-Momán, unha obra que executará a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e que se prevé remate no ano 2023. Ademais, prevese a achega municipal aos investimentos do Plan Único e o Plan de Mellora de Camiños de Agader, que ascende a un total de 28.861,80 euros.
Como en anos anteriores, dáselle continuidade ás axudas a asociacións, festexos, Uned Sénior, Educando en familia, clubes de fútbol e eventos deportivos, agardando que no 2022 podan celebrarse, do mesmo xeito que o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, e como novidade prevese unha axuda de 500 euros para a ANPA do CEIP Xermade.
Un dos gastos de maior relevancia é o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, que supón un gasto de 744.886,80 euros. Grazas ao incremento da achega da Xunta de Galicia ao SAF dependencia derivado do convenio recentemente asinado coa FEGAMP, o Concello de Xermade no 2022 deixará de achegar 61.666,80 euros, que ata o momento era sufragados polas arcas municipais.
Co obxectivo de reforzar os servizos públicos que se veñen prestando á veciñanza con medios propios, recentemente cubríronse as dúas vacantes de operario de servizos múltiples.
Resumo orzamentos ingresos/gastos por capítulos:
ORZAMENTO DE GASTOS 2022 |
ORZAMENTO DE INGRESOS 2022 |
OPERACIÓNS CORRENTES |
INGRESOS CORRENTES |
CAPITULO 1 417.317,76 |
CAPITULO 1 508.021,60 |
CAPITULO 2 1.319.740,74 |
CAPITULO 2 10.000,00 |
CAPITULO 3 1.000,00 |
CAPITULO 3 293.569,60 |
CAPITULO 4 62.045,33 |
CAPITULO 4 1.081.369,57 |
CAPITULO 5 0,00 |
CAPITULO 5 1.608,00 |
Total Gastos Correntes: 1.800.103,83 |
Total Ingresos Correntes: 1.894.568,77 |
OPERACIONS CAPITAL |
INGRESOS DE CAPITAL |
CAPITULO 6 42.864,94 |
CAPITULO 6 ————————— |
CAPITULO 7 51.600,00 |
CAPITULO 7 ————————— |
CAPITULO 8 —————————- |
CAPITULO 8 ————————– |
CAPITULO 9 —————————- |
CAPITULO 9 ————————- |
Total Gastos Capital: 94.464,94 |
Total Ingresos Capital: 0,00€ |
TOTAL GASTOS: 1.894.568,77€ |
TOTAL INGRESOS: 1.894.568,77€ |