A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ

Chega a Roupar este espectáculo da man da Rede De Dinamización Lingüística.

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.

Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.

NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / +5 ANOS / 50 MIN

Autor e director Inacio Vilariño
Actor Inacio Vilariño
Música Tradicional
Escenografía Luis Iglesias, “Luchi”
Vestiario María Chenut
Cartel Iván Suárez