Certame de narración e debuxo infantil “Letras Galegas 2015”

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL

“Letras Galegas 2015”

-Convocatoria Local-

A Biblioteca Pública Municipal de Xermade convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras galegas 2015”, de acordo coas seguintes bases:

  • Poden participar tódolos nenos/-as con:
  • Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: DA CIENCIA Á FICCIÓN: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc…
  • Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación: DA CIENCIA Á FICCIÓN: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc…
  • Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
  • Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
  • O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio.
  • O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
  • Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada por Biblioteca Nodal de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
  • O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
  • Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.