¿Que é unha OMIX?
É un servizo que o Concello de Xermade pon a disposición dos/as mozos/as. Baséase nun conxunto de medidas para obter, difundir e asesorar sobre información específica para a mocidade.
Esta información ten por obxecto dar o apoio necesario á mocidade para que poidan tomar decisións sobre temas como sexualidade, ocio, emprego, estudos, etc. Unha fórmula para que a información chegue a todos e todas co obxectivo de garantir as mesmas oportunidades de información a poboación moza e promovendo a igualdade no acceso á información.
Servizos da OMIX:
- Expedición do Carné Xove
- Comunicación dos boletíns informativos semanas de xuventude
- Información de cursos e actividades do concello e doutros municipios do redor
- Ordenadores conectados a internet con impresora , totalmente gratuítos para uso dos mozos e mozas
- Programa de actividades formativas e de ocio
- Programas educativos
- Información e asesoramento a asociacións xuvenís
- Infomóbil- difusión a través de mensaxes SMS sobre información solicitada a esta oficina
- Información de actividades da Xunta e Deputación Provincial para a mocidade
- Promoción comercios para adhesión ao carné Xove
- Espazo de autoconsulta: documentación sobre saúde, ocio, turismo, educación, información europa, becas e axudas, asociacionismo, programas Xunta, etc.
Carnés Mocidade
Carné Alberguista Rede Galega
O alberguismo é un xeito de facer turismo activo, cultural, deportivo e sobre todo de confraternización con outros/as mozos/as do mundo e persoas de máis idade.
Para poder acceder aos albergues necesitas ter o carné de alberguista, e con el poderás escoller entre os máis de 4.500 que forman parte de “HOSTELLING INTERNATIONAL” e que están espallados por máis de 80 países do mundo.
Un albergue xuvenil non é un hotel, nin a infraestrutura nin os prezos nin a filosofía é a mesma. O espírito alberguista consiste en potenciar a convivencia entre mozos e mozas de distintas razas, credos ou ideoloxías de xeito que a permanencia no albergue contribúa á formación en valores do/a alberguista.
Carnés de Alberguista
Os seus prezos son moi accesibles en xeral e atoparalos tanto en cidades como preto do mar ou na montaña. Cando fagas o carné daranche con el unha guía de albergues de España (232 albergues no 2007) e se queres unha de todo o mundo tes que comprala (11 €).
Hai varios tipos de carnés de alberguista:
– Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 €
– Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 €
– Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 €
– Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 €
A validez dos carnés é de 1 ano a partir da data de expedición. Para expedilos na Casa da Xuventude de Tui ou no Servizo de Xuventude na Delegación Provincial, r/ Concepción Arenal, 8-1ª planta Vigo .
Enlace: www.reaj.com
Carné ISIC
Carné ISIC identifícate como estudante en calquera parte do mundo e ten máis de 34.000 descontos.
Faite co teu ISIC e poderás formar parte dunha comunidade de 4.5 millóns de estudantes que comparte a pasión por viaxar e descubrir novas culturas.
É un documento recoñecido pola UNESCO e a Comunidade Europea, empregado dende que se creou por máis de 35 millóns de estudantes en todo o mundo.
Se es estudante, o ISIC axudarache a desfrutar de especiais beneficios e servizos, en todo o mundo. O Carné Internacional de Estudante ISIC é un servizo da International Student Identity Card Association, unha organización sen ánimo de lucro asociada á International Student Travel Confederation (ISTC).
Es estudante, móveste polo mundo e queres facelo sen que o bolsillo se resinta demasiado… o que necesitas é o ISIC, o único documento universal de identidade para estudantes viaxeiros que proben a súa condición de estudante a tempo completo. É o carné de descontos máis popular e coñecido en todo o mundo, con máis de 40 millóns de carnés emitidos dende a súa creación.
Requisitos
Idade mínima de 12 anos. Non hai idade máxima.
Acreditar que es estudante a tempo completo matriculado nun curso académico recoñecido oficialmente.
Una fotografía tamaño pasaporte.
Ten un prezo de 6 €
Validez
A validez do carné é dende o 1 de setembro ata o 31 de diciembre do ano seguinte (15 meses), ou no seu defecto dende a data na que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.
Para tramitalo no Servizo de Xuventude, na Delegación Provincial en R/ Concepción Arenal, 8- 1ª planta. En Vigo.
Enlace: www.isic.org
Carné TEACher (ITIC)
O carné Teacher está creado especialmente para profesores. Permite obter descontos en viaxes, museos, monumentos e exposicións de todo o mundo.
Requisitos
Se queres facerte co teu Carné Internacional de profesor ITIC, tan só tes que cumprir uns sinxelos requisitos, o fundamental, como é lóxico, acreditar que se é profesor empregaso como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialmente.
Coa túa acreditación de ser profesor a tempo completo, unha fotografía tamaño pasaporte e o pago das tasas (oito euros para os trámites).
Para tramitalo no Servizo de Xuventude, en R/ Concepción Areal, nº8 -1ª Planta.
Enlace: www.isic.org
Carné IYTC
Carné Internacional de Viaxes para xoves non estudantes, IYTC creouse en 1975 e chegou a ser universalmente aceptada como carné de viaxes e descontos para mozos/as de 25 anos e menores ( de máis de 12 anos e menos de 26).
O Carné Internacional de Viaxes para xoves, IYTC é administrado pola Internacional Student Travel Confederation ( ISTC) e é emitido a través dunha rede de 5.000 oficinas en 95 países. Ademais, este documento está recoñecido pola UNESCO como documento para a mobilidade xuvenil.
Este carné dache prezos especiais en transportes, cambio moeda, servizos en telecomunicacións, restaurantes, tendas ou actividades culturais.
Ademais, se che gusta moito viaxar e queres estar ben comunicado, o IYTC ofrece un paquete completo de servizos de comunicación, no que se inclúen as mellores tarifas en chamadas internacionais de longa distancia e un servizo de caixa de correo de voz e mensaxes.
Para conseguir este carné tan só tes que cumprir estes requisitos:
Ter como máximo 25 anos ou menor desta idade e non ser estudante
Unha fotografía tamaño pasaporte
Copia DNI
Aboar 6€
Recordar que a validez do carné é dun ano dende a súa data de emisión.
Carné Xove Finalidade Facilitar aos mozo/as de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servicios a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove <30 está implantado. Vantaxes Acceso privilexiado a diferentes bens e servicios de tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro <30 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes. Ademais, entre as prestacións do carné xove euro <30 destacan os servicios financeiros e as garantías no estranxeiro, mobilidade e a mellora de condicións da vida cotiá dos mozo/as galegos. Destinatarios Tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive.
Expedición É preciso cubrir un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €. Pódese obter na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Xermade. Ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. Enlace: www.xuventude.net