EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
– PROGRAMAS DE FORMACIÓN E EMPREGO
OBRADOIROS DE EMPREGO, pola súa banda, están incluídos dentro das medidas de apoio á creación de emprego e se configuran como un programa mixto de emprego e formación dirixido a desempregados de vintecinco ou máis anos.
Os participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou servicios de utilidade pública ou interese social relacionados con novos xacementos de emprego, posibilitando a súa posterior inserción laboral tanto por conta allea coma mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social. Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase orientación e asesoramento profesional e empresarial.
A quen se destinan?
Aos desempregados maiores de 25 anos con dificultades de inserción laboral ou que se determinen como colectivos preferentes de actuación nos Plans de Execución da Estratexia Europea para o Emprego, que se fixa cada ano.
A duración mínima é de 6 meses e a máxima, dun ano. Desde o primeiro mes, os alumnos gozan dun contrato de traballo coa entidade promotora do proxecto, polo que perciben un salario correspondente a 1,5 veces o SMI.
– FORMACIÓN OCUPACIONAL
O Concello de Xermade é un Centro Colaborador da Consellería de Traballo e Benestar para a formación de desempregados.
Instalacións homologadas para impartir formación ocupacional: Nave mulitusos do parque empresarial
Especialidades homologadas:
-ADGI01 INGLÉS: ATENCIÓN AO PÚBLICO
– IFCI23 INFORMÁTICA DE USUARIO
– IFCX02 INICIACIÓN Á REDE INTERNET
– SANC01 Atención especializada para enfermos de alzheimer
– SANC20 Auxiliar de enfermaría en hospitalización
– SSCS10 MONITOR SOCIOCULTURAL
– SSCS20 MONITOR DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
Cada ano, ata o de agora, saen axudas para impartir este tipo de cursos.
– DEMANDANTES DE EMPREGO
-
-
- Recursos xerais
-
Co obxetivo de mellorar a empregabilidade dos demandantes de emprego do terrritorio, contribuíndo á viabilidade e vitalidade dasiniciativas empresariais, a Concellería achega á cidadanía todos os recursos dispoñibles no contexto sociolaboral, facilitando información precisa para favorecer a inserción laboral e as iniciativas emprendedoras.
– GUÍA PARA A BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
Atopar un traballo implica un proceso de busca activa, constante e planificada. A Guía para a Busca de Emprego, editada pola Xunta de Galicia, é unha ferramenta de información e orientación para o proceso de inserción laboral dos demandantes de emprego.
– REDTRABAJA
O Ministerio de Traballo e Inmigración ten á túa disposición unha completísima páxina na que podes enviar o teu currículo, solicitar as prestacións de desemprego ou iniciar os trámites para montar o teu propio negocio, entre outras moitas utilidades.
– SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA
A Xunta tamén ten a súa propia páxina web na que podes coñecer darte de alta como demandante de emprego e consultar tanto as ofertas de contratación como as de formación, entre outros servizos.
-
-
- Directorio de ofertas públicas
-
A través das ligazóns correspondentes, podes ter acceso á oferta pública de emprego, aos principais buscadores de emprego na empresa privada e tamén ás ofertas de emprego no extranxeiro.
Podes acceder á oferta de emprego público a través dos enlaces seguintes:
Boletín Semanal de Oferta Pública de Emprego
http://www.060.es
Forzas Armadas
http://www.soldados.com
Garda Civil
http://www.guardiacivil.org
Corpo Nacional de Policía
http://www.policia.es/oposiciones/oposiciones_cnp.html
Ministerio de Cultura
http://www.mcu.es/empleoPublico/index.html
Ministerio de Fomento
http://www.fomento.es/mfom/lang_castellano/default.htm
Ministerio da Presidencia
http://www1.mpr.es/es/categoria/273/empleo-publico.html
Ministerio de Xustiza
http://www.mjusticia.es/cs/Satellite/es/1215197347472/EmpleoPublico.html
Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
http://www.mma.es/portal/secciones/empleo_publico/
Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade
http://www.msc.es/profesionales/oposicionesConcursos/home.htm
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
http://www.mityc.es/es-ES/OposicionesyConcursos/Paginas/Empleo.aspx
Ministerio de Ciencia e Innovación
http://www.micinn.es
Corpos de Inspección de Traballo e Seguridade Social
http://info.mtin.es/itss/web/Trabaja_con_nosotros/Convocatorias/index.html
Axencia Española de Protección de Datos
http://www.agpd.es/portalwebAGPD/conozca/convocatorias_empleo_publico/index-ides-idphp.php
AENA (Aeroportos Españois e Navegación Aérea)
http://empleo.aena.es
Consello Superior de Deportes
http://sede.csd.gob.es/TablonAnunciosSede.aspx?origen=1
Centro Nacional de Intelixencia
http://www.cni.es/es/ingreso/ofertas/
Xunta de Galicia
http://funcionpublica.xunta.es/
Administración Local en Galicia
http://www.eidolocal.es/portal/serv_concellos/ofertas_emprego.jsp
Deputación Provincial de Pontevedra
http://www.depontevedra.es
Universidade de Vigo
http://www.uvigo.es
Universidade de Santiago
http://www.usc.es
Universidade da Coruña
http://www.udc.es
-
-
- Portais de Emprego
-
“Red Trabaja” – Ministerio de Traballo
http://www.redtrabaja.es
Servizo Público de Emprego de Galicia
http://emprego.xunta.es
>PORTAIS GALEGOS
http://www.cimoemprego.com
http://www.empleogalicia.com
http://www.galiciaempleo.net
>PORTAIS XERAIS PRIVADOS
https://www.jobted.es/
http://www.bizneo.com
http://neuvoo.es/es
http://www.contactosdetrabajo.com
http://www.empleoenred.org
http://www.empleoyformacion.com
http://www.indeed.es
http://www.infoempleo.com
http://www.infojobs.net
http://www.jobrapido.es
http://www.monster.es
http://www.oficinadeempleo.com
http://www.opcionempelo.com
http://www.primerempleo.com
http://www.trabajar.com
http://www.trovit.es
-
-
- Traballo no estranxeiro
-
Saír fóra a formarse ou traballar é hoxe máis posible que nunca grazas aos numerosos programas da Unión Europea. Podes obter toda a información necesaria neste portal da UE dedicado aoPrograma Eures:
– EMPRESAS
Neste espazo poñemos a disposición das empresas recursos e ferramentas para a mellora da eficacia da intermediación laboralmediante o acompañamento nas diversas etapas do proceso de contratación:
– Acompañamento na definición das túas ofertas de emprego.
– Apoio no proceso de selección de candidatos.
– Posta a disposición dun local para a realización das entrevistas.
A través dos seguintes enlaces podes acceder a diferentes recursos empresariais, así coma a bases de axudas para a consolidación e a internacionalización da túa empresa :
– BIC Galicia
http://www.bicgalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=261&Itemid=33&lang=gl
– Consellería de Industria
http://economiaeindustria.xunta.es/axudas-da-conselleria
– Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)
http://app.igape.es/.axudas/lista.asp?cons=IGAP
– EMPRENDEDORES
A aposta polo impulso das iniciativas empresariais, implica o apoio aos potenciais emprendedores a través da atención personalizada, asesoramento e información sobre todolos recursos para a creación de empresas, trámites de constitución e marco legal das diversas actividades, así como asesoramento para a elaboración do plan de empresa.
A posta en funcionamento da empresa require a toma de decisións previas en aspectos fundamentais como a elección da forma xurídica e os trámites legais, administrativos e mercantís precisos para a súa constitución e inicio de actividade.
A Guía de Trámites Xerais para a creación da empresa, publicada pola Xunta de Galicia, é unha ferramenta de información básica que serve como axuda sobre todos os aspectos que se deben coñecer cando se pretende iniciar un proxecto empresarial.
Podes descargar a guía completa aquí:
Guía de Trámites para a creación dunha empresa
Guía do Plan de Empresa
O Centro de Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia) foi creado en 1991 como un organismo dependente da Consellería de Economía e Industria. Entre as súas funcións está fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar aos futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.
Na súa web podes atopar unha morea de consellos e utilidades para poñer andar o teu proxecto empresarial: http://bicgalicia.org
Entre outras, o BIC ofréceche unha Guía para elaborar un plan de negocio, na que se explica cales son a estructura e os contidos fundamentais dun plan de empresa, dando resposta a moitas das dúbidas que se lle presentan a un emprendedor no momento de iniciar seu propio proxecto.
Esta guía podes descargala tamén dende aquí:
http://guias.bicgalicia.es/v2/nuevo/asp/individual/plantilla2.asp?id_guia={D861FC1D-1AF6-45A1-A423-0DD65279FA77}&id_directorio=&lang=2&id_usuario=null
Axudas e subvencións
Asesoramento sobre subvencións e axudas para crear a propia empresa:
Axudas á contratación de traballadores.
Axudas á contratación do primeiro traballador indefinido.
Axudas á contratación de colectivos desfavorecidos.
Axudas á contratación a través de plans de estabilidade no emprego.
– BOLETÍNS OFICIAIS
Os boletíns oficiais, tanto do Estado coma da Administración Autonómica e Local son un medio eficaz para coñecer de primeira man non só as ofertas de emprego público senón as distintas liñas de axudas e subvencións para a promoción de empresas e do traballo por conta propia. Estos son os fundamentais:
– BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO
http://www.boe.es
– DIARIO OFICIAL DE GALICIA
http://www.xunta.es/consulta-do-dog
– Boletín Oficial da PROVINCIA DE PONTEVEDRA
http://bop.depo.es
– Boletín Oficial da PROVINCIA DA CORUÑA
http://www.dicoruna.es/bop
– Boletín Oficial da PROVINCIA DE OURENSE
https://bop.depourense.es
– Boletín Oficial da PROVINCIA DE LUGO
http://www.diputacionlugo.org