Entroido 2022

BASES REGULADORAS DOS PREMIOS DO ENTROIDO DE XERMADE 2022

PRIMEIRA:

O concurso de disfraces Entroido Xermade 2022 celebrarase o luns día 28 de febreiro, ás 20.00 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade.

SEGUNDA:

O prazo de inscrición de participantes será desde o momento de publicación destas bases ata o 23 de febreiro. A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando o Anexo I das presentes bases cuberto e un certificado de conta*. Todos os grupos e/ou disfraces inscritos deben levar no momento do desfile o número asignado polo concello.

* Pode descargarse nas aplicacións móbiles de banca electrónica.

TERCEIRA:

Todos os grupos e disfraces deberán estar no Pavillón Polideportivo de Xermade a partir das 19.30 horas para proceder máis tarde ao desfile, onde terá lugar o concurso de disfraces diante do xurado. É obrigatorio a asistencia ó desfile para poder participar no concurso.

CUARTA:

Establécense as seguintes categorías no concurso:

PARTICIPANTES NON EMPADROADOS EN XERMADE

• GRUPO/PARELLAS/INDIVIDUAIS: No caso dos grupos, a agrupación debe estar formada por un mínimo de tres (3) persoas e máximo de quince (15) e máis da metade do mesmo non pode estar empadroado en Xermade. Se é individual ou parella, ningunha persoa/s pode estar empadroada.

PARTICIPANTES EMPADROADOS EN XERMADE

1. GRUPO: agrupación formada por un mínimo de tres (3) persoas e máximo de quince (15), con máis da metade das persoas do grupo empadroadas en Xermade, que garden unha unidade temática, e que desfilen ou realicen algunha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

2. INDIVIDUAIS/PARELLAS ADULTOS: participantes a partir de 16 anos que concursen individualmente ou en parella, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes.

3. INFANTÍS: participantes menores de 16 anos que concursen individualmente, en parella ou en grupo, debendo, neste caso, gardar unidade temática entre os/as compoñentes.

QUINTA:

A orde no desfile estará marcada pola organización.

SEXTA:

As persoas participantes que necesiten música deberán entregarlla á organización, como moi tarde, antes do inicio do desfile, nun dispositivo USB.

SÉTIMA:

A duración da actuación escollida para o concurso será como máximo de 5 minutos. Exceder este tempo poderá significar a exclusión do concurso.

OITAVA:
Os grupos poderán acceder ao pavillón con estruturas ou plataformas ata uns tamaños máximos. A organización avisará da suspensión ou mantemento das estruturas no desfile.

NOVENA:

O xurado estará formado por tres persoas voluntarias do público e un secretario/a vinculado/a ó concello, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases. Elaborará unha acta na que conste a resolución de disfraces premiados no concurso, asinada por todos os membros. Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria, polo que será necesaria a presentación do certificado con número de conta ao realizar a inscición.

DÉCIMA:

O xurado deberá escoller os seguintes premios:

Para participantes non empadroados en Xermade

 1º premio
 2º premio

Para participantes empadroados en Xermade:

 Grupos:
1º Premio
2º Premio
3º Premio

 Individual/parella adultos:
1º Premio
2º Premio
3º Premio

 Categoría Infantil:
1º Premio
2º Premio
3º Premio

UNDÉCIMA:

Para a selección de premios o xurado terá en conta o desfile, a representación ou actuación realizada durante o concurso, así como a orixinalidade na confección dos disfraces.

DUODÉCIMA:

As contías dos premios do concurso serán:

Non empadroados en Xermade 1º Premio: 150 €
2º Premio: 100 €
Participantes empadroados en Xermade Grupos:
1º Premio: 200€
2º Premio: 150€
3º Premio: 100€

Individual/parella:
1º Premio: 100€
2º Premio: 75€
3º Premio: 50€

Infantil:
1º Premio: 50€
2º Premio: 30€
3º Premio: 20€

Nota: O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios se considera que os/as participantes non reúnen a calidade precisa.

DÉCIMOTERCEIRA:

As persoas participantes deben cumprir en todo momento a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto serán descualificadas automaticamente.

O Concello de Xermade resérvase o dereito a pospoñer ou cancelar dito evento ou parte do mesmo por pola evolución da situación epidemiolóxica e/ou as medidas de hixiene e prevención que se poidan tomar con respecto a mesma, que non permitan o desenvolvemento normalizado da actividade.

DÉCIMO CUARTA:

A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que, diante de calquera dúbida, prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos seus membros. O incumprimento das bases suporá a descualificación no concurso. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.
As presentes bases e os premios concedidos aos beneficiarios, serán publicados na plataforma da Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases e convocatoria entroido 2022

Folla inscrición Entroido 2022