Parque Empresarial de Xermade
O Parque empresarial de Xermade, na bisbarra deTerra Chá. Nace no ano 2002 por iniciativa de IGVS e é xestionado na actualidade por Xestur Lugo. Desenvolveuse en dúas fases que suman en total uns 60.000 metros cadrados brutos. Ao redor de dous terzos desa cantidade (40.000 m2) corresponden a chan industrial neto. O parque divídese en 42 parcelas cun mínimo de 573 m2 e un máximo de 3.221 m2. Do resto cabe destacar os 12.000 m2 dedicados a viais e aparcadoiros. Accédese a este por unha estrada comarcal, pero a conexión coa Autovía do Cantábrico encóntrase apenas 12 kms.
Así, as distancias que o separan das principais cidades de Galicia é a seguinte:
- Lugo: 60kms.
- A Coruña: 78 kms.
- Santiago de Compostela: 95 kms.
- Ferrol: 53 kms.
- Vigo: 201 kms.
- Pontevedra: 176 kms.
- Ourense: 149 kms.