ENTROIDO EN XERMADE
O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido que se están a programar.
O 6 e 7 de febreiro haberá campamento infantil para nenas e nenos de 3 a 14 anos no pavillón polideportivo, de 4 a 7 da tarde, onde participarán en variedade de xogos, carreiras, búsquedas, xogos con wii…
Esta actividade é gratuita e conta cun número de prazas limitadas a 35. As persoas interesadas en inscribir ás nenas e nenos, poden facelo na 2ª planta do Concello de Xermade (educadora familiar).
Este campamento está pendente de solicitude de subvención á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola convocatoria que se fai para concellos das actividades de igualdade, e que se cofinancian a través da Secretaría Xeral da Igualade, o Fondo Social Europeo e o Concello.
O Luns, día 8 de febreiro, terá lugar no pavillón polideportivo a tradicional Festa de de Entroido, onde se convida a participar a toda a veciñanza. A partir das 9:30 da noite actuará o Dúo D´Cine que amenizará a festa.
Adxúntanse as bases do concurso de disfraces que este ano inclúe como novidade a participación de nenas e nenos sempre que veñan acompañados dunha persoa adulta.
Haberá algunha que outra sorpresiña e tamén chocolate quente para todas as persoas que nos acompañen nesta noite de Festa.
Tanto para o Entroido infantil como para a Festa de Entroido do día 8, haberá un cañón de calor no pavillón.
Desexamos un bo Entroido para todo o mundo.
Para calquera dúbida poñen poñerse en contacto coa educadora familiar nos teléfonos: 982 – 501001 e 678 744 178.