ROUPAR (San Pedro Fiz)
Formada por estas entidades singulares de poboación: O Aguillón, A Armada, O Aruxo, Aveás, A Azoreira, Baxín, O Bidueiral, O Boucello, Buscalte, A Calousada, O Campo, A Carballeira, A Casanova, A Criba, A Ermida, As Folgueiras, A Graña, Paidavella, Palmaz, A Pedreira, A Pena, A Pena Vaqueira, A Pinguela, O Porto da Vila, O Porto Muíño, O Portonovo, O Reboredo, A Ribeira, Sucastro, A Torre e O Vilar.
Arquitectura Relixiosa
Igrexa Parroquial. Ten nave rectangular a dúas augas. O presbiterio é a catro augas e a sacristía a 1 vertente e está situada á esquerda da capela maior. A torre das campás en canteiría está a poucos metros da igrexa.
– Retablo maior: É salomónico do s. XVIII, con esculturas do titular San Pedro, San Roque, San Antón de Padua, San Ramón Nonato e a Inmaculada.
– Retablo dereito: Con columnas salomónicas da primeira metade do s. XVIII e a escultura de Santa Lucía.
– Retablo esquerdo: Con esculturas de Santa Bárbara e un Cristo da mesma época.
Ermida de Buscalte. Ten planta rectangular, teito de madeira con dúas vertentes, chan de laxes e tellado de lousa. O retablo ten esculturas de San Miguel e Nosa Señora do Carme do s.XVIII.
Capela da Hermida. Construcción de planta rectangular, teito a dúas vertentes, muros de mampostería e chan de laxes. Ten esculturas de San Estebo (titular) e San Bartolomé (s.XVIII). Nos arredores da capela aparecen sepulturas antigas, que deixan entrever a existencia dun cemiterio. Din os viciños que alí houbo unha comunidade de monxes.
Torre de Roupar. Casa señorial provista de torre de canteiría (desapareceu o escudo de armas). A capela é rectangular con teito de madeira a tres vertentes e retablo barroco con esculturas de San Roque (titular), a Inmaculada e San Antón de Padua (s.XVIII).
Megalitismos
Medoñas en: Barreiro (Baxín), Porto da Vila, Pedreira e medoñas de Balouras (Monte de Castrillán).
Cruceiros
Situados en O Cristo, O Campo, O Mingolo e A Criba.
Castros
Castro de A Graña, Castrillán e Sucastro