Convocatoria de subvencións para fomentar unha actividade de interese municipal
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 3 de xaneiro de 2024 en sesión ordinaria. Entre outros asuntos, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para o fomento de actividades de interese municipal nos anos 2023-2024.
Esta convocatoria contempla tres novidades respecto das convocatorias de anos anteriores:
1ª. Período subvencionable: do 1 de novembro de 2023 ao 31 de outubro de 2024 (base segunda).
2ª. O crédito orzamentario é de 20.685,00 euros (base segunda) e como máximo concederánse 2.800 euros por entidade (base quinta).
3ª Posibilidade de solicitar un anticipo prepagable do 50% da subvención concedida (base sétima).
A convocatoria publicouse no BOP nº 012 o luns 15 de xaneiro e o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de febreiro de 2024.
As persoas e entidades interesadas poden contactar co técnico local de emprego se queren recibir máis información respecto destas axudas (ernesto@xermade.org).
Acceda aquí ao texto íntegro das bases: Bop 012 15-01-2024
Acceda aquí ao modelo de solicitude: MODELOS DE SOLICITUDE AXUDAS ASOCIACIÓNS 2024