Reparación de camiños no municipio
O Concello de Xermade vén de formalizar dous contratos de obras para a reparación de vías municipais: un deles para a reparación de camiños en A Criba, Cabreiros, Candamil e O Aruxo, adxudicado á empresa Francisco Gómez por importe de 128.292,56 euros máis 26.941,44 euros de IVE, financiado con cargo ao remanente líquido de tesouraría; e outro para a mellora de camiños en Sanche, Piñeiro e Framil, financiado con cargo ao Plan de Mellora de Camiños de Agader 2022-2023, adxudicado á empresa José No Mantiñán por importe de 70.000 euros máis 14.700 euros de IVE. Ambas obras foron adxudicadas o 11 de agosto de 2022 pola Xunta de Goberno Local, e o goberno municipal prevé que o seu inicio sexa inminente.
Na data de hoxe a mesa de contratación reuniuse para aceptar a xustificación das baixas temerarias presentadas na licitación das obras “Reparación de estradas en A Ermida, O Chao, Lousada e Badoi” (financiada tamén con remanente líquido de tesouraría) e “Reparación de estradas en Xemaré, Portovelo, Cerracín, etc.” (Plan Único 2022).
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local reuniuse na data de hoxe con carácter ordinario e aprobou o expediente de contratación da obra “Reparación de estradas en A Pena, Roupar, Azoreira, etc.”, financiada con cargo ao Plan Único 2022, por importe de 74.056,48 euros (IVE incluído).
O goberno municipal está agardando polas autorizacións sectoriais precisas para aprobar os proxectos de reparación de pistas forestais no norte e sur do municipio e licitar ambas obras, financiadas tamén con cargo ao remanente líquido de tesouraría.