Trámite de información pública do parque eólico Santuario

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 171, de data 27 de xullo, publicouse o anuncio de información pública do estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Santuario, promovido por Enel Green Power España SL, que afecta aos municipios de As Pontes, Guitiriz, Vilalba e Xermade.

O pasado 17 de agosto o Concello de Xermade convocou unha reunión informativa para a veciñanza afectada. A técnica municipal de urbanismo, medio ambiente e obras explicou ás asistentes a afección ambiental deste parque, e ata o 8 de setembro (data na que finaliza o prazo de información pública) a oficina técnica do concello está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesorar na presentación de alegacións. A fin de facilitar que todas as persoas afectadas podan alegar neste trámite de información pública, publícanse os seguintes documentos, en formato editable e pdf:

– Plano de afeccións: Afeccion PARQUE EOLICO SANTUARIO

– Modelo de alegacións (en word e pdf): MODELO ALEGACION

MODELO ALEGACION

– Resumo das consideracións da oficina técnica municipal: RESUMEN PARQUE EÓLICO SANTUARIO

As alegacións poden ser presentadas presencialmente no Rexistro do Concello de Xermade ou en calquera outra administración pública (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro), ou ben de forma telemática, no Rexistro Electrónico Común, no seguinte enlace:

https://sede.administracion.gob.es/PAG_Sede/ServiciosElectronicos/RegistroElectronicoComun.html