Adxudicación da subministración de enerxía eléctrica

A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de subministración de enerxía eléctrica para alumeados públicos e instalacións municipais a GAS NATURAL COMERCIALIZADORA SA, previa licitación por procedemento aberto simplificado.
A adxudicataria acadou a mellor puntuación (10 puntos) consonte á seguinte proposición económica:

LOTE I
CONSUMO POTENCIA TOTAL NETO IVA I.E. TOTAL BRUTO
12.473,59 € 5.862,91 € 18.336,50 € 3.850,67 € 937,49 € 23.124,65 €

LOTE II
CONSUMO POTENCIA TOTAL NETO IVA I.E. TOTAL BRUTO
9.792,46 € 10.934,58 € 20.727,04 € 4.352,68 € 1.059,71 € 26.139,43 €

Con carácter previo á licitación procedeuse ao reaxuste de potencias de varios puntos de subministración, medida que, xunto coa oferta acadada na licitación, implica un aforro para as arcas municipais dun 30% con respecto á situación anterior.
Toda a información relativa a este expediente de contratación está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público.
ADXUDICACION