XI CAMPAMENTO DE VERÁN 2018. XERMADE CONCILIA

O concello de Xermade pon en marcha un ano máis o campamento de verán para facilitar o acceso das nenas e nenos de Xermade a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.

O campamento realizarase desde o luns 30 de xullo ata o venres 17 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 horas e con horario de “madrugadoras” desde as 8:00 da mañá, se existe un número de familias que o soliciten.  Os días das saídas o horario verase incrementado ata as 7:30 da tarde, aproximadamente.

As inscripcións faranse no REXISTRO do concello (planta baixa), por estricto orde de inscrición. O número de prazas é de 50.

No caso de que haiba máis solicitudes que prazas, farase baremación:

  • Terán preferencia as nenas e nenos empadroados no concello de Xermade ou que asistan ao CEIP de Xermade
  • A continuación terán acceso aquelas nenas e nenos que as súas nais/pais/titores teñen algunha relación laboral con Xermade.
  • Por último, as nenas e nenos inscritos por orde de rexistro no concello.

O prazo de solicitudes será desde o día 02 ao 13 de xullo. Non se recollerán inscripcións posteriores.

A empresa que levará a cabo o campamento será: ITA ANIMACIÓN.

Campemento subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

Esta actividade forma parte de Xermade concilia, que inclúe os campamentos de entroido, verán e nadal 2018.

Bases definitivas Campamento verán nadal 2018-1

ANEXO I CAMPAMENTO VERÁN 2018

 

Listado campamento verán 2018-1 asinado