X CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017

Un ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”.

O campamento celebrarase desde o día 31 de xullo ata o 18 de agosto, de luns a venres. O horario será de 10:30 a 14:00 horas con horario desde as 8:00 para as familias que o precisen, tendo que haber un grupo mínimo de 5 nenas/os.

Entre as actividades a realizar contaremos con tres saídas, unha ao parque acuático de Cerceda, outra á praia e outra ao lago das Pontes. Eses días o horario será continuado ata as 7 ou 7:30 da tarde aproximadamente.

O penúltimo día faremos velada nocturna con pernocta para todas as nenas e nenos que se queiran quedar.

As inscricións faranse no Rexistro do concello de Xermade desde o día 3 de xullo ata o día 14. Non se recollerán inscricións posteriores.

Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa educadora familiar: 982501001 extensión 3, ou na segunda planta do concello de Xermade.

Bases definitivas Campamento verán 2017 asinadas Alcalde

Inscrición Campamento 2017 ANEXO I