ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS XERMADE 2015/2016

FUTBOL SALA, PATINAXE, DANZAS DO MUNDO, PEQUEXOGOS, LOITA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
DANZAS DO MUNDO

(ZUMBA, BATUKA, …)

FÚTBOL SALA    

PATINAXE

 

PEQUEXOGOS

LOITA

 

16:00-17:00

 

16:00-17:30

 

  16:00-17:30

 

16:00-17:00

 

A partir de 5 anos A partir de 5 anos   A partir de 5 anos A partir de 3 anos

 

 

– Aproveitando o tirón da ZUMBA queremos incluír nesta actividade o ensino doutros bailes e danzas doutros países.

– No FÚTBOL SALA entrenaremos todos xuntos o martes. No caso de haber moitos inscritos faremos dous grupos, e pasaremos un deles para o mércores.

– A clase de PATINAXE será o xoves e farase tamén en conxunto.

– Os PEQUEXOGOS (para favorecer a psicomotricidade) están dirixidos aos máis pequenos, dende os 3 anos.

– A clase de LOITA, que tamén será os venres, será para todos xuntos. Evidentemente os maiores estarán noutras colchonetas. No caso de ser moitos inscritos durará ata as 17:30

– A maiores, na fin de semana, iranse ofertando diferentes actividades ao longo do ano: TENIS, CICLISMO, ATLETISMO, SENDEIRISMO, BÁDMINTON, TENIS DE MESA (PING-PONG), …

  • A cota de inscrición é de 30 € anuais por neno ou nena inscrito, (20€ para o 2º ou seguinte irmán) coa posibilidade de participar en todas as actividades que se ofertan.
  • Este ano o pago realizarase en dous prazos: 1º prazo ao inscribirse, 2º prazo na 1ª quincena de Febreiro de 2016.
  • As fichas de inscrición ENTREGARANSE NO CONCELLO DE XERMADE
  • O prazo para inscribirse remata o día 30 de Setembro.
  • A cota de inscrición terá que pagarse por domiciliación bancaria ou ingreso na Conta do Concello do Banco Pastor de Xermade.

 

A principio de tempada prestaráselle a cada inscrito unha equipación deportiva, así como unha equipación de xogo para aqueles equipos que compitan en Deporte Escolar. Equipacións que deberán devolver ao final da tempada.

 

 Os nenos e nenas que non sexan de Xermade e queiran participar nas actividades (tanto anuais como as puntuais que se realicen os fins de semana) poden facelo “incribíndose e pagando a cota”