Actividad musical con Ajayu dúo: “Arbolito y la Abubilla”

Arbolito y la Abubilla es un cuento musical original de Ajayú Dúo, cantado en un divertido concierto interactivo para disfrutar en familia. Arbolito es el personaje principal del cuento y la narradora es la Abubilla. Una historia de transformación personal que reivindica la necesidad de dedicar nuestro tiempo a lo que amamos.

Público familiar

XIX Festa das Persoas Maiores do Concello de Xermade

O próximo venres 6 de setembro de 2024 terá lugar a XIX Festa das Persoas Maiores coa seguinte programación:

13:30 Misa Solemne na igrexa de Santa María de Xermade
14:30 Xantar no pavillón municipal
17:00 Baile amenizado polo Dúo Venus

As bases que han de rexer o acceso á actividade son as seguintes:

1º. Destinatarios da actividade.
 
As persoas destinatarias da actividade son as seguintes (empréganse os mesmos criterios de acceso ao programa de turismo do Imserso):
 
A) As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
1º. Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
2º. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
4º. Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
5º. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
 
B) Españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan algún dos requisitos incluídos no apartado 1.a).
 
C) Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
 
As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe ou, no seu caso, por parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, ou dun/ha familiar, sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.
 
No caso de que haxa máis inscricións que prazas, terán preferencia as persoas empadroadas no municipio de Xermade.
 
O número máximo de asistentes será de 300.
 
2º. Prezo público.
 
·         15,00 € para persoas empadroadas no Concello
·         30,00 € para persoas non empadroadas no Concello
 
O prezo público aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 17/07/2024 publicouse no BOP n.º 177 o xoves 01/08/2024.
 
3º. Prazo de inscrición.
 
As persoas que cumpran os requisitos contemplados na base 1ª inscribiranse no Rexistro municipal, sito na Casa do Concello de Xermade, no período comprendido entre o 19 e o 30 de agosto de 2024, en horario de atención ao público (08.30 a 14.30 horas). O pagamento do prezo público farase en efectivo.
 
A condición de destinataria da actividade debe ser acreditada pola persoa interesada no momento da retirada do tiquet

 
A condición de empadroado/a será comprobada de oficio polo Concello de Xermade.

No caso de que algunha persoa inscrita non poida asistir ao evento, devolverase o prezo público só naqueles casos en que se acredite unha causa xustificada que impida a asistencia, previa solicitude da persoa interesada.

Presentouse á veciñanza de Xermade a iniciativa englobada no proxecto CEL RURAL promovido en Galicia pola FEGAMP

Máis de cincuenta veciños e veciñas de Xermade participaron o pasado mércores 31 de agosto, no Parque Experimental de Sotavento, no evento de presentación do piloto da Comunidade Enerxética Rural (CER) que se vai levar a cabo en Xermade, nunha acción do proxecto CEL RURAL promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

O evento estivo dinamizado polo Centro Tecnolóxico ITG, líder do proxecto CEL RURAL, e tivo como obxectivo principal informar e difundir entre a veciñanza as accións e vantaxes de formar parte dunha comunidade enerxética rural. Co esta presentación se buscaba fomentar a participación activa da veciñanza interesada, para seguir avanzando na constitución da Comunidade Enerxética de Xermade e definir tecnicamente as instalacións de xeración

Durante o evento, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer en detalle o funcionamento da CER e como van poder implicarse no proceso.  Falouse do impacto positivo que esta comunidade pode ter non só no ámbito económico, senón tamén na calidade de vida e no medio ambiente, dende a promoción da sustentabilidade e ofrecendo beneficios significativos en termos de redución de custos enerxéticos.

Para a FEGAMP “a gran participación cidadá amosa o interese da veciñanza de Xermade nesta iniciativa” que desenvolve o proxecto Interreg POCTEP – CEL RURAL que é “unha oportunidade para achegar investimentos ao concellos rurais que contribúan de xeito efectivo á consolidación da figura das comunidades enerxéticas como ferramentas de cohesión territorial e de dinamización socioeconómica”.

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, sinalou durante o acto “este evento foi unha invitación aberta á veciñanza, empresas e outras entidades interesadas en explorar novas formas de xestión enerxética, máis sostibles e comunitarias nas que o noso concello leva tempo implicado”.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participa no proxecto CEL Rural, de fomento da implantación de comunidades enerxéticas locais en contorna rural co obxectivo de adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético na contorna rural do territorio transfronteirizo de España-Portugal. 

O proxecto CEL Rural é un proxecto de Cooperación España – Portugal cofinanciado polo programa europeo POCTEP e liderado pola Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), no que participan socios de ambos os países co obxectivo de fomentar a implantación de enerxías renovables a nivel rural para reforzar o desenvolvemento dun sistema enerxético sustentable e de proximidade en rexións transfronteirizas do espazo POCTEP, mediante a adopción de modelos innovadores de autoconsumo enerxético compartido no ámbito das comunidades enerxéticas locais en contornas rurais. Para alcanzar este obxectivo, se desenvolverán actuacións piloto, como a de Xermade, demostradores a escala, e tecnoloxía para este tipo de sistemas disruptivos para o ámbito rural cuxas vantaxes son múltiples a nivel de sustentabilidade, cohesión social e beneficios económicos.

O proxecto conta cun orzamento total de 1.533.000 euros e finalizará a súa actividade en xuño de 2026, recibindo unha cofinanciación do 75% por parte do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, POCTEP, do que a FEGAMP xestiona 199.886,23 euros.