Reunión de traballo coa arquitecta Luz Paz Agras
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO goberno municipal mantivo hoxe unha reunión coa arquitecta xermadesa Luz Paz Agras, da Universidade da Coruña, que fai parte do equipo redactor do proxecto de rehabilitación da Reitoral de Xermade, a fin de coñecer o estado de elaboración do proxecto de execución desta obra, que resultou beneficiaria dunha axuda por importe de 403.000,00 euros por parte do Instituto de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Na reunión estiveron presentes tamén a secretaria-interventora e a técnica de urbanismo do Concello de Xermade.
Segundo o calendario previsto na addenda ao convenio asinado entre o Concello de Xermade e a Universidade da Coruña no 2023, o proxecto de execución debe estar ultimado o 31 de outubro de 2023, a fin de que a obra poda licitarse e estar adxudicada en febreiro de 2024, dado que o prazo de execución das obras estímase en 14 meses. O goberno municipal agarda que as obras estean rematadas no 2026, coincidindo co XXV aniversario do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade.
O pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 14 de setembro
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeA Corporación xermadesa celebrou sesión ordinaria do pleno o pasado xoves 14 de setembro ás 20.oo horas. Acordouse novamente fixar os festivos locais para 2024, posto que o luns de Santa María será o 12 de agosto de 2024 e non o día 5, tal como se acordara na sesión ordinaria celebrada o 20 de xullo de 2023, antes de constituirse a comisión de festas.
Por outra banda, acordouse conceder unha bonificación do 95% do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras á Sociedade Agraria de Transformación CAVADAS, para as obras de ampliación de vacuno de leite en As Cavadas.
Na parte de control e fiscalización douse conta do Plan de acción elaborado pola Presidencia para dar resposta ás eivas detectadas pola Intervención no informe-resume de control financieiro do exercicio 2022, cumprindo así o disposto no RD 424/2017, que regula o réxime xurídico do control interno das entidades locais.
Tamén se dou conta da información remitida a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais (OVEL), entre a que destaca o Período Medio de Pago do segundo trimestre de 2023, que é de 19,86 días.
O alcalde levantou a sesión animando a todos os presentes a visitar o XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade os días 15, 16 e 17 de setembro.
PLAN ALLEN RURAL
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarChega ó Concello de Xermade, da man de Fademur Galicia o PLAN ALLEN RURAL, financiado por IKEA, que ofrece formación e asesoramento personalizado de forma gratuíta.
O proxecto pretende dar resposta ás demandas das mulleres de áreas rurais, especialmente no ámbito da agricultura familiar. O programa diríxese á creación de emprego e ao dimensionamiento das explotacións e as empresas no sector agroalimentario.
Participa!
#fademurgalicia #Xermade #planallenrural#fademur