Festa Samaín 2021
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO domingo 31 de outubro ás 17.00 hora, no Pavillón Municipal (Xermade), ven a pasar unha tarde diferente.
Teremos para os nosos nenos e nenas pintacaras, xogos de Samaín, xogos dirixidos con música, e para que non falen folgos, tamén haberá unha sabedora merenda.
Non deixes de traer o teu disfrace e a túa cabaza ben decorada, xa que faremos concursos nos que se premiarán as mellores galas e as máis arrepieantes cabazas.
O aforo estará limitado, polo que será necesaria inscrición previa no teléfono 678 744 178 de Lucía Guizán, a Educadora familiar. O prazo remata o 26 de outubro.
Vente a Xermade, ¡Pasarémolo DE MEDO!
Organiza e subvenciona: Concello de Xermade
Colabora: ANPA de Xermade
Sesión ordinaria do Pleno o vindeiro xoves 21 de outubro
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Pleno do Concello de Xermade reunirase en sesión ordinaria o vindeiros xoves 21 de outubro, ás 20:00 horas. Darase conta da sinatura do convenio para a construción dunha depuradora no Campo da Feira-Momán, o pasado 7 de outubro, grazas ao cal a Confederación Hidrogafica Miño-Sil achegará o 80% do custo da redacción do proxecto, dirección de obra e execución das obras, estimado en 320.000 euros. O Concello de Xermade asumirá a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución da obra, e o 20% restante.
Tamén se vai poñer en coñecemento do Pleno o trámite de información pública do estudo de impacto ambiental e solicitude de autorización administrativa previa do Parque Eólico Mistral de 100,8 MW, e a súa estrutura de evacuación na provincia de Lugo, e do Parque Eólico Nordés, de 67,2 MW, e a súa estrutura de evacuación nas provincias da Coruña e Lugo, publicado no Boletín Oficial da Provincia o pasado 7 de outubro. Ambos parques son promovidos por Greenalia Wind Power. O prazo para presentar alegacións é de 30 días hábiles. A oficina de urbanismo, medio ambiente e obras está a disposición da veciñanza para ofrecer información e asesoramento ao respecto deste expediente.
💜 15 de outubro: Día Internacional das Mulleres Rurais
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Concello de Xermade celebra o próximo venres día 15 de outubro o Día Internacional da Muller Rural cun monólogo na Casa Habanera (Roupar).
A entrada será gratuíta, sen reserva previa, e con aforo limitado.
Por protocolo Covid, será necesario deixar os datos antes de acceder ó recinto (Nome e teléfono de contacto).
Arantxa Treus é unha atriz galega, natural de Vigo. É unha artista polifacética, como mostran as súas participacións en proxectos de diversos xéneros: teatro, cine ou televisión. Participou en series como “Gondar“, “Serramoura” ou “Fariña“, ten participado en numerosos traballos de humor e comedia como o que nos trae a Roupar, onde nos falará dalgunha das súas vivencias e anécdotas sobre como ser muller e non morrer no intento.
#MullerRural
#DiaInternacionalDaMullerRural
#ArantxaTreus
#Monologo
#CasaHabaneraRoupar
#Xermade