En negro contra as violencias 2020
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarUn ano máis, o Concello de Xermade tinguirase de negro con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, xa que mantemos a adhesión á campaña ‘En Negro Contra As Violencias’, acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela.
Este ano, conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, centraremos os esforzos en actividades virtuais. Toda a veciñanza que queira colaborar, pode participar tinguindo o seu fogar, as rúas ou lugares de traballo de negro, e subir fotos relacionadas cos hashtag #XermadeEnNegro#EnNegro202#ContraAsViolencias#GaliciaEnNegro#NonEstásSoa #QuerémonosVivas, para tinguir tamén de negro as redes sociais.
Tamén podedes enviar as fotografías por correo electrónico a educadora.familiar@xermade.org ou no whatsapp 678 744 178
Máis información en https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl ou no 678 744 178.
Sesión extraordinaria do Pleno celebrada o 9 de novembro de 2020
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadeO Pleno do Concello de Xermade reuniuse onte, luns día 9 de novembro de 2020, ás 20:00 horas, en sesión extraordinaria que se celebrou telematicamente por mor da situación sanitaria.
Os asuntos principais foron a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Xermade e do orzamento para o exercicio 2021, pero tamén se abordou a revogación da declaración de non dispoñibilidade de créditos acordada na sesión do 13 de agosto de 2020, e aceptar a cesión dun treito da estrada LU-P-2209, necesaria para a construción da depuradora ecolóxica de Cabreiros, investimento financiado pola Deputación de Lugo.
O primeiro punto da orde do día foi a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Xermade, cos votos a favor do grupo de goberno, e os votos en contra do grupo municipal do Partido Popular. Por primeira vez o Concello de Xermade vai contar con este instrumento de ordeación de persoal, de existencia preceptiva en todas as entidades locais. Após un trámite de información pública no que as persoas interesadas poden presentar alegacións, quedará definitivamente aprobada se non se presentan, e en caso de que se presenten, o Pleno terá que resolvelas no prazo dun mes.
O segundo punto da orde do día foi a aprobación inicial do orzamento do exercicio 2021 e anexos, que foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno, e os votos en contra do grupo municipal do Partido Popular.
O orzamento increméntase notablemente respecto do exercicio 2020, tal como se pode apreciar na seguinte comparativa:
Capítulo |
Ingresos 2020 |
Ingresos 2021 |
Gastos 2020 |
Gastos 2021 |
I |
493.293,92 |
492,327,53 |
329.530,21 |
392.474,11 |
II |
12.000,00 |
10.000,00 |
1.236.741,22 |
1.316.634,02 |
III |
282.157,12 |
297.021,60 |
800,00 |
1.000,00 |
IV |
915.138,31 |
1.028.098,57 |
59.489,85 |
60.017,29 |
V |
3.046,34 |
2.956,34 |
9.648,81 |
3.463,44 |
VI |
0,00 |
0,00 |
69.424,90 |
56.815,18 |
VII |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
VIII |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
IX |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
TOTAIS |
1.705.635,69 |
1.830.404,04 |
1.705.635,69 |
1.830.404,04 |
Selección persoal funcionario interino proxecto fomento de emprego-Plan Único 2020
/en Sin categoría @es /por Secretaria XermadePor Decreto da Alcaldía núm. 446/2020 de data 27/10/2020 foron aprobadas as bases e a convocatoria do proceso selectivo para o nomeamento de persoal funcionario interino para o proxecto “fomento de emprego 2020”: dous peóns de edificación e obras públicas, un/a oficial de 1ª de edificación e un/ha oficial de 2 – condutor de edificación.
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP. As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Xermade: https://concelloxermade.sedelectronica.es/
Aprazamento do comezo das Escolas Culturais 2020/2021
/en Sin categoría @es /por Educadora FamiliarO Concello de Xermade lamenta comunicar que, dada progresión actual da Covid-19, posponse o comezo das actividades culturais, concretamente, os cursos de “Costura”, “Faino ti mesm@” (manualidades) e “Xabóns e cremas”.
Ante as restricións de aforo establecidas pola Consellería de Sanidade durante o mes de outubro, e dado o tamaño reducido das aulas onde se levan a cabo ditas actividades, consideramos prudente esperar a unha evolución positiva da situación sanitaria para iniciar o comezo das escolas culturais.
Pedimos disculpas polas molestias que esta decisción poida ocasionar, agardando poder retomar tales actividades coa maior celeridade posible.