Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do Concello de Xermade

O alcalde do Concello de Xermade ven de asinar un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para o proxecto “Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do concello”, cun orzamento de 12.221,00 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará o 65% e o resto será sufragado polas arcas municipais.

O proxecto consiste na creación dunha páxina web e unha app para IOS e Android nos que se volcará toda a información detallada dos recursos de interese turístico (de carácter patrimonial, etnográfico, natural, etc.) do municipio de Xermade.  Nos vindeiros días iniciarase a licitación deste contrato de servizos.

Enlace ao convenio: Convenio_Xermade

O Pleno celebrou o 13 de agosto sesión ordinaria

A Corporación de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de agosto, ás 20:00 horas. Foi o primeiro pleno celebrado na renovada sala de sesións, e a sesión abriuse coas palabras de agradecemento do alcalde aos empregados municipais que realizaron os traballos, destacando a labor realizada por Juan José González Vázquez, que se encargou da restauración dos mobles antigos de madeiras nobles que agora locen na estancia.
Na parte resolutiva da sesión aprobouse a conta xeral do exercicio 2019, a non dispoñibilidade de créditos por importe de 62.704,28 euros e os festivos locais para o ano 2021 (martes de entroido, 16 de febreiro, e luns de Santa María, 9 de agosto).
A declaración de non dispoñibilidade de créditos aprobouse a requirimento do órgano de tutela financeira da Xunta de Galicia, dado que se incumpriu a regra de gasto na liquidación do exercicio 2019. Con esta medida, o Concello de Xermade prevé cumprir tanto o principio de estabilidade orzamentaria coma a regra de gasto cando se liquide o exercicio 2020.
Na sesión de control e fiscalización, douse conta dos decretos da Alcaldía adoptados dende a última sesión ordinaria, dos envíos realizados pola Intervención a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas entidades locais (entre os que destaca o Período Medio de Pago do 2º trimestre, de 14,56 días), e a Alcaldía informou ao Pleno tanto das medidas adoptadas por mor da COVID-19 como das subvencións solicitadas, e xustificouse a adopción de resolucións contrarias aos reparos da Intervención municipal.
Enlace á convocatoria: 20200806_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2020-0322 [DECRETO CONVOCATORIA]

A verdadeira historia de Hamelín

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son a claves desta adaptación circense do clásico conto “O flautista de Hamelín” no que descubriremos o que sucedeu en realidade. A través do clown, os malabres, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes. Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”

FICHA TÉCNICA: Intérprete: MeRe Clown (David Merelas)
Estilo: Contacontos circense.
Duración: 40 minutos
Tipo de público: Infantil e familiar

O Concello de Xermade licita a área de xogos na Criba, parroquia de Roupar

O Concello de Xermade está a licitar, mediante contrato menor, a obra nomeada “Área de xogos en Roupar”, nunha parcela cedida pola Asociación de Veciños San Estebo de Roupar. O anuncio de licitación foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o pasado 3 de agosto, e o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro xoves 13 de agosto.
A obra está financiada co superávit do exercicio 2018, e está pendente de obter autorización de Augas de Galicia para poder iniciarse a súa execución.
No ano 2018 construiuse un parque infantil en Piñeiro, financiado co superávit do exercicio 2017; e tamén está prevista a mellora do parque infantil de Xermade con cargo ao Plan Único do ano 2020. Deste xeito, preténdese aumentar e mellorar as áreas de xogos para as crianzas do municipio.

Enlace á memoria valorada: 20200713_Outros_memoria_valorada_xogos

Acondicionamento do exterior da Biblioteca

Os operarios do Concello habilitaron e humanizaron a zona para o seu uso. O resultado é un lugar agradábel e apracible onde gozar estes días de verán. Tamén, tentaremos organizar actividades municipais compatibles cos tempos Covid que estamos a vivir.

CAMIÑOS DE COÑECEMIENTO E EXPERIENCIA

 

08/09/2020 16:30- 18:00 h
Seminario: Biodiversidade e Conservación.
Profa. Dra. Dna. Teresa Rodríguez López. Facultade de Veterinaria (USC)
Prof. Dr. D. Emilio Carral Vilariño. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC)

 

09/09/2020 16:30-18:00 h
Seminario O Corpo do Teatro.
Profa. Paloma Lugilde Rodríguez. (USC)

10/09/2020 16:30-18:00 h
Saída á Fraga da Lagoa.
Prof. Dr. D. Emilio Carral Vilariño. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC)

 

14/09/2020 16:30-18:00 h
Seminario Casais, casas
grandes e pazos. Un paseo pola tradición popular e
fidalga da Terra Chá.
Profa. Dna. Carolina Casal Chico. Licenciada en Hª da Arte e investigadora da Rede
de Estudos Medievais (USC)

 

15/09/2020 16:30-18:00 h
Visita ao Torreón dos Andrade.
Profa. Dna. Carolina Casal Chico. Licenciada en Hª da Arte e investigadora da Rede de Estudos Medievais (USC)

DATA DE CLAUSURA, PENDENTE DE CONFIRMACIÓN.

Información e matrícula gratuíta: Concello de Xermade.
Lugar de celebración: Casa escola de Cabreiros

Prazas limitadas: 15 persoas

Contratación de persoal para prevención de incendios

O Concello de Xermade está a piques de completar a contratación de persoal con cargo ao “Convenio de Colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Xermade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa“, sendo financiada a contratación pola Consellería de Medio Rural e do Mar e fondo FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
O 1 de xullo comezaron os dous condutores para tratamento mecanizado, e a brigada poñerase en marcha en canto se complete o segundo proceso selectivo para a contratación dun/ha xefe/a de brigada, xa que a selección que tivo lugar o pasado 16 de xullo non puido culminar na formalización do contrato laboral debido á renuncia dos aspirantes seleccionados. As bases están publicadas na sede electrónica do Concello de Xermade e o prazo de presentación de solicitudes remata o luns 3 de agosto.
O personal de tratamento mecanizado finaliza o seu contrato o 30 de setembro, mentras que a operatividade da brigada (de cinco compoñentes) será de tres meses.