XIII CAMPAMENTO INFANTIL “XERMADE CONCILIA 2020”

  •  Datas: do 27 de xullo ata o 14 de agosto (agás festivo)

 

  •  Dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos.

 

  •  Horario:
    • Completo: 8.00 a 14:00 (de haber alomenos 5 inscritos/as)
    • Reducido: 10.30 a 14:00

 

  • Actividades: Xogos de artes, obradoiros tradicionais, pintura, música… Saídas a Cerceda, praia, acampada e … ¡¡festa!!

 

  • Inscrición: No concello, desde o día 29/06 ata o 10/7

 

                                                          

  • Documentación: Solicitude cuberta (Anexo I das bases). Declaración xurada(Anexo II das bases). Fotocopias: libro de familia e/ou título de familia numerosa/ DNIs do/a neno/a, dos pais/ nais ou titoras/es e tamén das persoas autorizadas para a entrega e recollida dos/as nenas/ Tarxeta sanitaria do neno/a. Acreditación da situación laboral dos pais/nais (activo ou desemprego).

 

  •   + Información: 982501001 (Ext 3) / 678744178 / educadora.familiar@xermade.org

 

Ficha Inscricións Anexo I

Declaración xurada Verán 2020 Anexo II

Certame “Arte-llando contra o virus”

O Concello de Xermade convida a todo o alumnado do CEIP de Xermade a participar nun certame de creación artística escrita e gráfica, no que expresen a forma de ver a actual situación xerada polo COVID 19: como viviviron o confinamento, as fases da desescalada, ou como se imaxinan o futuro.

 

Bases Arte-llando

Acta fallo Certame Arte-llando

O Pleno da Corporación celebrou sesión ordinaria o 15 de xuño

O Pleno da Corporación xermadina reuniuse en sesión ordinaria o 15 de xuño de 2020 ás 20:00 horas. Na sección resolutiva realizouse o sorteo de membros de mesas electorais para a xornada do 12 de xullo, e tamén se acordou realizar unha transferencia de crédito para incrementar os fondos adicados a emerxencia social e para convocar un certame literario para o alumnado do CEIP Xermade, por un total de 4.296 euros. As partidas que se minoran son as de retribucións dos cargos electos, tras o acordo adoptado na sesión ordinaria do 16 de abril de 2020.

Na sesión de fiscalización e control douse conta das resolucións da Alcaldía, de informes económico-orzamentarios (execución do 1º trimestre de 2020 e envío de marcos orzamentarios) enviados a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais, e tamén das medidas adoptadas pola Alcaldía en relación co COVID-19.

Adxudicación da obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, etc.” incluida no Plan Único 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou, na sesión celebrada o 10 de xuño de 2020, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., o contrato de obra “Reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras, Bidueiro, etc.”, por importe de 70.790,56 euros e 14.886,02 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 85.656,58 euros (IVE engadido) e ampliación de garantía de catro (4) anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

Prevese que as obras comecen en breve, dado que teñen que estar rematadas antes do 30 de setembro de 2020, consonte ás bases do Plan Único 2019.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 30.051,81 euros que, sumada ás baixas das outras dúas licitacións, suman un total de 47.842,45 euros que serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.