Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”
/en Sin categoría @es, Xermade @es /por Concello de XermadeConvocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”, que vimos de convocar na biblioteca de Xermade:
Poderán participar tódolos nen@s, con poemas sobre o tema: “O Nadal”
Tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.
Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.
As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.