CURSO: EDUCAR EN COOPERATIVISMO

Dentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza a UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), vaise levar a cabo no concello de Xermade o Curso gratuito “Educar en cooperativismo” cunha duración de 20 horas, entre os días 14 e 17 de marzo de 2016.

O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.

Trátase dunha actividade financiada pola Xunta de Galicia con Fondos Europeos

Adxuntamos cartel informativo e enlace para inscricións.

Inscricións curso “Educar en cooperativismo”

 

Persoa de contacto no concello de Xermade: Manuela Vilaboy Romero (Educadora familiar). Tel. 982-501001 ou 678744178

EducarEnCooperativismo2016Xermade (3)

ENTROIDO EN XERMADE

O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido que se están a programar.

O 6 e 7 de febreiro haberá campamento infantil para nenas e nenos de 3 a 14 anos no pavillón polideportivo, de 4 a 7 da tarde, onde participarán en variedade de xogos, carreiras, búsquedas, xogos con wii…

Esta actividade é gratuita e conta cun número de prazas limitadas a 35.  As persoas interesadas en inscribir ás nenas e nenos, poden facelo na 2ª planta do Concello de Xermade (educadora familiar).

Este campamento está pendente de solicitude de subvención á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola convocatoria que se fai para concellos das actividades de igualdade, e que se cofinancian a través da Secretaría Xeral da Igualade, o Fondo Social Europeo e o Concello.


 

O Luns, día 8 de febreiro, terá lugar no pavillón polideportivo a tradicional Festa de de Entroido, onde se convida a participar a toda a veciñanza. A partir das 9:30 da noite actuará o Dúo D´Cine que amenizará a festa.

Adxúntanse as bases do concurso de disfraces que este ano inclúe como novidade a participación de nenas e nenos sempre que veñan acompañados dunha persoa adulta.

Haberá algunha que outra sorpresiña e tamén chocolate quente para todas as persoas que nos acompañen nesta noite de Festa.

Tanto para o Entroido infantil como para a Festa de Entroido do día 8, haberá un cañón de calor no pavillón.

 

 

Desexamos un bo Entroido para todo o mundo.

Para calquera dúbida poñen poñerse en contacto coa educadora familiar nos teléfonos: 982 – 501001 e 678 744 178.

CARTEL ENTROIDO POR PAULA CAMPELLO 2016 Bases Entroido Adultas Escaneadas 2016 CARTEL Entroido 2016